Alberto Medeiros, el sueño cumplido de ser actor

Tras participar nas dúas tempadas do exitoso thriller policíaco “La Unidad”, unha serie dirixida por Dani De la Torre, Alberto Medeiros xa é unha cara coñecida e recoñecida dentro do audiovisual con selo galego

Antes, e paralelamente, son moitas as pezas teatrais, curtas e longas nas que ten o seu oco. Dende ”Fatum”, dirixida por Juan Galiñanes e con varias nominacións aos Goya, a “Cuñados 2”, pasando por “El desorden que dejas”. Tampouco nos podemos esquecer da súa vertente musical, xa que é o fundador, ademais de músico, da charanga El Brexit. 

“La Unidad”. Dúas tempadas. 12 episodios. Catro premios. E vostede como parte do reparto. Como foi formar parte desta serie?

O primeiro que me ven a mente é comodidade e satisfacción. Satisfacción de traballar con xente tan destacada como Luis Zahera, Carlos Blanco, Marian Álvarez, Nathalie Poza, Raúl Álvarez Michel Noher, Fariba Sheikhan … baixo a dirección de Dani de la Torre e tamén de Oskar Santos, que transmiten unha gran enerxía en todo o que fan. Persoas que facilitan o teu traballo e te axudan. Eso sí, cando un vai traballar para unha producción audiovisual, xa sexa máis ou menos “importante”, un ten que ter claro o que vai facer e saber facelo. Lonxe do que os demais che aporten, ti tes que facer o teu ben. 
Tamén é certo que esa comodidade da que che falo nunca é completa. Eu doume conta que son unha persoa nova, que non leva facendo isto 20 anos, e sempre hai unha presión. Así que todo o que alivie esa presión… é favorable. 

Agora que sabemos como foi a rodaxe, non podo evitar sentir curiosidade de como chegou a formar parte do elenco.

(Risas). E que detrás desta serie hai moito traballo e bagaxe en teatro, curtas e longas… Así que se puxo directamente en contacto comigo a unha compañeira de producción da produtora Vacafilms, responsable da serie. Pódese decir que unha vez entras no circuito audiovisual van saíndo cousas, e contar cun representante tamén pode axudar a formar parte de diferentes rodaxes.

Alberto Medeiros
Alberto Medeiros

Pero como todo ten un principio, cal foi o seu no eido da interpretación?

Dende cativo sempre estiven relacionados co teatro e a música. Dende neno participaba en toda obra teatral que había no colexio, estiven en compañías non profesionais, formei parte das Aulas de Teatro Universitarias Cordelia, Rosaura e Maricastaña… así que non podía ser doutro xeito que me decidise a formarme dunha forma máis regrada e estudei Arte Dramático na Escola Superior de Arte Dramático, ESAD de Vigo. Paralelamente, non deixei nunca de aproveitar cada ocasión que xurdía para facer cursos, anotarme a obradoiros, clases maxistrais… con camarográfos, directores… que cría que podían aportarme algo máis e dos que sempre aprendín moito. 

Que recordos ten das súas primeiras actuacións?

Sempre son bos e de todas e cada unha aprendes algo. Pero creo que o que máis me marcou foi traballar con Sarabela Teatro. Con eles comecei a miña formación, e para mín son os meus pais teatrais. Foi todo un privilexio ver que eses referentes acaban converténdose en compañeiros de traballo. 

E como é o día a día da gravación? Un imaxinao moi emocionante, cheo de focos, cámaras, xente... e moito estrés.

Máis que estresante, é un subidón, inda que a mín o que me “mata” son as esperas (risas). Son inquedo por natureza. E ter que esperar horas a que chegue o teu momento de rodar, ou as veces incluso non poder rodar cando estaba pausado tras agardar toda unha tarde… cómeme por dentro (risas). Despois si que é verdade todo o que me dis do ambiente que se crea, compañeiros, maquillaxe, fotografía, vestiario, produción… todos poñen o seu gran de area e creáse un gran microcosmos que acaba sendo paralelo á vida real. 

Dende neno, non só se interesou pola interpretación, senón que a música tamén formou e forma parte importante do seu día a día. 

Eso xa foi dende ben cativo. Comecei nunha banda,  estudei no conservatorio e con distintos profesores profesionais no sector. Tamén toquei en orquestras, grupos de Blues, de Ska, animacións… e na actualidade toco nunha Big Band e como non, no “Brexit”.

Non me diga! Si que é vostese unha caixa de sorpresas.

(Risas). É probable que nos teñas visto en máis dunha programación festiva…

A verdade é que en ben delas. Sodes unhos clásicos de moitas festas.

E tamén en “Cuñados 2”.

Nunha secuencia de “La Unidad”.
Nunha secuencia de “La Unidad”.

Como actor?

Non, pondo a banda sonora (risas). Explícoche… para a película tiñan ao grupo Lamatumbá comon referencia e música, por  certo, grandes amigos, ademais contando que un deles tamén tocaba polo Brexit… nós, coa charanga, fixemos a versión dos temas que pediron. A película está ambientada no Entroido e había que darlle ese toque festeiro. 

O que aínda non sei é que instrumento toca.

A trompeta. Aínda que soe a tópico, foi ela a que me escolleu a mín. Ao final o instrumento que elixes tocar marcao o carácter de cada un. Tamén teño alguna noción en algún instrumento e como non, a voz, gran elemento importante para actores en moitas ocasión.

Se agora xuntamos interpretación e música, que cree que aportan esta artes unidas?

En ambas hai un gran traballo detrás. Esixen moita paciencia e implican ter que entender e traballar con diferentes ritmos. Musicais e persoais. Outra cousa común a ambas é que ti tes que traballar todos os días, teñas un día bo ou malo -xa sei que en todos os traballos- pero nesto tes que dar o mellor de ti para divertir á xente ou estar á altura dun guión escrito para ti. 

Como bo actor, foi sumando ao longo dos anos outras formación que supoñon un engadido á hora de pasar un casting. 

Ben é certo que fago algo de todo (risas) e todas esas capacidades aportan o seu gran de area para interpretar un papel. Ademais da música, fago esgrima, loita escénica, monto a cabalo… e ata teño moita vinculación co Circo dos Muchachos (risas).

Eso si que vai ter que detallarmo.

Miña nai pasou moito tempo alí, ten os seus amigos e niña irmá estudou imaxe e son ali, daquela, eu  ía con elas a cotío ata alí. Así que sendo neno, sen medos e inquedo como era eu, como non ía facer algunha acrobacia, subirme ao trapecio ou incluso facer arame. Eran os meus xogos de neno.

Nomeou a moitos, e bos, actores e directores galegos. Como ve o panorama audiovisual galego e o traballo que se fai dende a nosa terra?

Vivimos nun momento no que se está facendo moito traballo, pero… si que hai certo “rexeitamento” a que traballen máis actores e actrices galegos fora dos máis recoñecidos. Tamén é certo que somos unha gran porcentaxe de xente nova que estamos buscando oco, pero todos e todas, falo tamén polos meus compañeiros e compañeiras, precisamos traballar para poder seguir aprendendo. 

Concretamente Ourense está saíndo moito como escenario de películas. 

E con moito orgullo, é un modo de darlle visibilidade a toda a nosa provincia. E agora que o dis, a ver se a próxima vez que falemos estou traballando nunha película 100% galega e rodada íntegramente en Ourense (risas).

Gárdeme a exclusiva!

Tes a miña palabra. 

Entón conto tamén que axiña o veremos moito na pequena e gran pantalla. 

Eso agardo. Pero a miña principal meta é facer ben o meu traballo. Ir mellorando día a día. E é por iso que tampouco estou nunca parado. Procuro estar formándome continuamente. 

Durante unha rodaxe.
Durante unha rodaxe.

De momento supoño que xa o paran pola rúa.

A verdade é que si. E tamén é certo que moitas veces me confunden con Chechu Salgado e a el conmigo. Pero sen rivalidade! (risas) Somos bos colegas. 

A modo de remate, ten que contarnos en que anda metido agora. 

Estou de cheo nunha producción cun guión meu. Vou dirixir unha curta e iso é o que me ten centrado para poder atopar financiación e que saia adiante. E… estou rematando un libro... Espero que ambas saían no 2024. E paralelamente, todo o que chegue, algunhas xa á vista, e otras que vaían saíndo. Non podo decir moito máis…

Te puede interesar