Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal Contacontos de Maceda protagonizaron un acto cheo de espontaniedade e afecto.
O primeiro ciclo de educación infantil concluiu coa entrega dos diplomas de fin desta etapa. Unha primeira etapa educativa importante no desenvolvemento cognitivo, de madurez e de socialización. Como agasallo e recordo levaron ademais doces e unha foto cos nove nenos e nenas “graduados”. Unha vivencia significativa para as familias de peche e apertura de novo paso na educación dos seus fillos e fillas.
Dende Servizos Sociais queren dar o seu agradecemento ás familias e tamén a todo o afecto expresado pola titora Rosa María Prol a esta promoción. Agradecemento extensivo ás coidadoras, educadoras, e familias. Tamén a salientar a importancia deste servizo de conciliación para o concello de Maceda, coa achega de recursos municipais, nas palabras do alcalde Rubén Quintas e da concelleira de Servizos Sociais Ana María Rodríguez.
Felicitacións aos nenos e ás nenas!