CEIP MANUEL LUIS ACUÑA

O alcalde de Ourense escoitou as Janeiras

Ourense. 12-01-17. Local. Cantos de Janeiras dos nenos do Ceip Luis Acuña no concello de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os escolares do CEIP Manuel Luis Acuña no salón de plenos do Concello de Ourense, xunto ao alcalde, mestres e representantes políticos.

escolares do ceip Manuel Luis Acuña visitaron o Concello e aproveitaron para compartir unha das actividades que se inclúe dentro do proxexto de Lingua e Cultura Portuguesa no que están a participar

Preto dun cento de nenos e nenas ocupan este curso escolar as aulas do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense, un centro de ensino de grandes dimensións o que lles permite contar con espazos exclusivos para determinadas áreas e especialidades como é o caso da música, inglés, portugués, aulas adicadas a grupos de atención individualizada, aula de convivencia, etcétera.

Destaca a biblioteca do centro, grande e ben equipada, con varios ordenadores e máis de 3.000 libros adaptados ao nivel do alumnado.

No tocante aos servizos cos que conta o centro, dispoñen dun comedor escolar de xestión indirecta, do que fan uso 71 nenos e nenas de Infantil e Primaria. Como servizo complementario está o transporte escolar para os escolares que viven máis lonxe do centro.

O máis salientable deste colexio é a multiculturalidade que se respira en cada espazo, dado que o 30% do alumnado é estranxeiro. Este dato resulta do máis enriquecedor na vida do centro. 

O 30% do alumnado é estranxeiro polo que o ambiente é do máis enriquecedor

 

No tocante aos proxectos, son numerosos os que se levan a cabo cada curso. Por un lado é un centro de ensino bilingüe e ademais, oferta Lingua e Cultura portuguesa en todos os cursos de Primaria. Esta proposta educativa resulta do máis froitífera e é un modo de coñecer ao pais veciño moito mellor, as costumes e a súa cultura. Contan cunha profesora de portugués, Carla Susana Dos Santos Ribeiro, encargada deste proxecto tan ambicioso que está a ter moi boa acollida entre toda a comunidade educativa.

Froito deste proxecto, destácase a actividade que hai uns días alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria compartiron no salón de plenos do Concello de Ourense. O alcalde Jesús Vázquez, e a edil de Educación, Belén Iglesias, recibiron ao alumnado do CEIP Manuel Luis Acuña que foron a cantar as Xaneiras, unha tradición propia de Portugal que se parece moito a Cantar os Reis en España. Consiste en que os nenos acuden por grupos a cantar polas portas e reciben a cambio os restos dos doces de Nadal. No Concello, os escolares cantaron dúas cancións: “O natal dos simples”, de Zeca Afonso; e unha canción tradicional portuguesa á que a profesora de portugués lle modificou a letra para adaptala ao colexio e ao Concello de Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma