XORNAL ESCOLAR

Alumnos do IES Otero Pedrayo coñecen a casa do familiar do patriarca das letras galegas

ies otero_result
photo_camera IES Otero.

Un grupo de 70 estudantes do Ies Otero Pedrayo de Ourense visitaron a Casa Grande de Cima de Vila en Trasalba para celebrar o 127 aniversario do nacemento de Otero Pedrayo.

Un ano máis a Fundación Otero Pedrayo lembra o aniversario dunha das grandes figuras da literatura e a cultura galega. Un grupo de 70 estudantes do Ies Otero Pedrayo de Ourense visitaron a Casa Grande de Cima de Vila en Trasalba (Amoeiro) para celebrar o 127 aniversario do nacemento de Ramón Otero Pedrayo.

Otero Pedrayo, naceu na Ourensá rúa da Paz, o 5 de marzo de 1.888 e foi profesor do actual Ies Otero Pedrayo e nel realizou os estudos secundarios sendo neno. Nesta ocasión, a cuarta na que se celebra esta actividade, os estudantes de 4º da Eso coñeceron a que fora a casa familiar do escritor e deron un paseo por Trasalba lendo fragmentos de Arredor de si, de Pantelas home libre, de Bocarribeira e de Arredor de si. Remataron a xornada soprando as velas da torta de aniversario e recibiron un lote de libros editados pola fundación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar