AULAS ABERTAS

Apaixonante programa en Telemiño

20170504151916491_result

Os estudantes da aula de altas capacidades do centro educativo Mestre Vide realizaron un interesante, dinámico e divertido programa educativo

Os estudantes da aula de altas capacidades, do Ceip Mestre Vide, visitaron o estudio de Telemiño para gravar o programa Xornal Escolar de Telemiño.

Nesta ocasión foron dous os mestres concursantes: Francisco Pérez (Paco) e Bienvenido Suárez (Beni). 

Os estudantes estaban representados, no estudio de Telemiño, por Sara, Isabella e Patricia, todas realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez, a presentadora deste espazo de moda entre os escolares de Ourense.

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a súa mestra. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. Unha actividade moi divertida para estudantes e docentes.

LA REGIÓN NAS AULAS
Varios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico, La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo .

RONDA DE PREGUNTAS
Os estudantes exerceron de fabulosos reporteiros e realizáronlle unha pregunta aos dous mestres:

Con que día disfrutades máis traballando connosco?
Beni: Teño que escoller dous: os martes porque implica máis traballo pola nosa parte e os xoves porque vexo como traballades individualmente. Quero destacar que hai que atender ás necesidades, se detectamos talentos témoslle que dar resposta e non deixalos pasar. É responsabilidade de todos traballar e detectar as altas capacidades. 

Paco: O mércores, plantexando retos matemáticos. Síntome moi satisfeito neste programa, somos un gran equipo que defendemos estes programas de apoio educativo. Estes nenos son o futuro da sociedade, son rapaces creativos e brillantes. Todos debemos facer un esforzo para axudarlles a ser mellores. Forma parte dunha paixón profesional. 

Alternativa ocio

Sofia Godoy, Concelleira de Sanidade, concello de Ourense, convida a nais, pais, fillos e fillas a compartir o seu tempo de lecer con actividades saudables e divertidas durante as fins de semana. O programa, Ocio en familia, inicia unha nova edición, con propostas lúdico-culturais para familias os meses de abril, maio e xuño, coas que descubrir a cidade, practicar deporte, xogar ou practicar novas afeccións compartindo obradoiros. Na sección AUGAEscola, visitarou o estudio de Telemiño os colaboradores, Santiago e Ricardo, científicos e biólogos de Viaqua. Sorprenderon cun experimento donde explicaron o funcionamiento da rede de distribución de agua potable aos usuarios mediante a reconstrucción a pequeña escala dunha red de abastecemento.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar