CEIP DE PRÁCTICAS

Arquitectos por un día, no barrio de A Ponte

20180430104700453_result
photo_camera Unha vez realizada a construción, probaron a súa resistencia. Todo se fixo perfectamente.

Escolares de 5º e 6º de primaria, participaron na actividade "Arquinenos" da Concellería de Educación do Concello de Ourense

Realizar unha maqueta dunha ponte e mesmo construír un edificio xa non ten segredos para os escolares do CEIP de Prácticas. Un grupo integrado por 150 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do centro de ensino da A Ponte participaron no obradoiro denominado "Arquinenos", unha actividade da Concellería de Educación do Concello de Ourense. Esta proposta educativa enmárcase dentro do Programa de Educación Medioambiental que busca, nesta ocasión, achegar aos cativos uns coñecementos básicos sobre arquitectura.

 A experiencia foi un éxito e aos escolares encantoulles exercer de arquitectos por un día, aportando as súas ideas e aplicando os conceptos que previamente os expertos na materia lle proporcionaron. O resultado foi unha fantástica construción coa que todos se sentiron moi orgullosos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma