XORNAL ESCOLAR

Buzóns para depositar as cartas aos Reis

Dibujo
photo_camera Primeiro premio, ubicado na tenda Din & Don da rúa Concordia. Trátase do traballo realizado por María Fernández Iglesias, do colexio Franciscanas.

Estes días, os tres traballos gañadores están ubicados en diversas tendas de Din & Don da cidade

La Región organizou este Nadal a primeira edición do Concurso Buzón Real, dirixido aos centros de ensino, pais, profesores e Anpas. Os participantes tiñan que enviar as fotografías dos seus buzóns e o resultado foron magníficos traballos froito de moito esforzo, especial adicación e unha imaxinación propia de verdadeiros artistas que se reflexou na calidade dos buzóns presentados.
Ademais, todos os gañadores xa contan cos seus buzóns ubicados en diferentes puntos da cidade de Ourense para recoller as cartas de todos os cativos. Deste xeito, poden ver os tres buzóns gañadores do certame situados en tres das tendas de Din & Don de Ourense. Os tres primeiros clasificados temán recibirán estupendos premios xentileza de La Región.

Premiados

O primeiro premio foi para o buzón de María Fernández, do Colexio Divina Pastora de Ourense, cuxo buzón está ubicado na tenda Din & Don da rúa Concordia. María realizou un fermoso traballo no que se pode apreciar como os tres Reis Magos contan con cadanseu buzón para recoller as cartas.

O segundo premio é para Cristina, María José, Rubén e Carlos, do CEIP Eulogio Gómez Franqueira. O seu buzón real pódese visitar na rúa Juan XXIII de Ourense e é un traballo que destaca pola súa elegancia.

Por último e como terceiro clasificado, está o traballo elaborado por María Lorenzo Tomé, do CEIP Padre Crespo. O Din & Don do 21 é o espazo onde se pode ver estes días este magnífico traballo, unha fermosa carroza real.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?