AUGAESCOLA

A calidade da auga está garantizada

cada ano fanse en Ourense máis de 450 analíticas con máis de 5.500 parámetros

A calidade da auga está garantizada

No programa Xornal Escolar de Telemiño desta semana, seguirán presentando o traballo diario dos técnicos dos laboratorios da Etap, Estación de Tratamentos de Augas Potables. Se a semana pasada falamos das mostras que realizan cada día, nesta ocasión centrarémonos  en outros cometidos relevantes cos que conta este laboratorio. Ademais das mostras, levan a cabo análises máis complexos, como poden ser os análises completos, os de microcistinas, de captación, de radioactividad, etcétera. Dada a complexidade destes traballos, estes traballos se realizan en laboratorios externos acreditados.

En total, simplemente para garantir a calidade da auga de Ourense, fanse máis de 450 analíticas cada ano con máis de 5.500  parámetros. Sen esquecernos que teñen instalados sensores que miden de forma continua, en tempo real, a calidade da auga tanto de entrada como de salida das Etaps de Coiñás e de San Francisco.
Todas estas curiosidades e moitas máis cousas relevantes das tarefas que realiza Viaqua poderán verse noa sección AugaEscola do programa Xornal Escolar. Marián Mazaira, xefa de Potables da cidade de Ourense; e Santiago Rodríguez, xefe de Plantas EDARs, serán os encargados de presentar as tarefas que realizan no laboratorio.

LATRICAR
Outras das sección do Xornal Escolar e que é nova este curso é a de Latricar. Os nenos e nenas darán a súa opinión sobre temas de actualidade ou de interese xeral. Esta semana, escolares do colexio Concepción Arenal de Ourense compartiron cos micrófonos de Telemiño as súas lembranzas do primeiro día de colexio, como o pasaron, que recordan con especial cariño, ecétera. Este curso tampouco falta a sección "Ler o xornal", na que os escolares dan conta das novas máis salientables do día do xornal La Región. O programa promete ser de novo moi divertido, non vos pedades este sábado o Xornal Escolar!