Esta dinámica iniciouse de forma casual e espontánea e na actualidade xa se converteu nunha costume que ademais está a ter moito éxito.
Os escolares de Pazos, do CRA Monterrei, están inmersos nunha iniciativa denominada “Comer froita ten premio”. Esta dinámica iniciouse de forma casual e espontánea e na actualidade xa se converteu nunha costume que ademais está a ter moito éxito.
Esta acción iniciouse de forma casual e espontánea. Habitualmente os almorzos de media mañá estaban cargados de galletas, zumes e doces industriais, pero un día, un dos nenos trouxo unha mandarina, e aproveitando a ocasión e nomeárono campión do almorzo por traer froita, ao día seguinte foron dous os que a trouxeron e ao terceiro día foron catro. Aproveitando a motivación do alumando por traer froita e coa intención de que non decaera, iniciouse esta dinámica, que consiste en facer un rexistro dos días que traen froita e premiar aos que a comen tres ou máis días na semana. Para poder anotarse poden tomar a froita natural, triturada ou en bebible. Deste xeito na aula contan cun cadro cos días da semana e cada día que comen froita márcanse eles mesmos no cadro, para facer o reconto ao final da semana. Eles van pintando cun marcador de cores os días que teñen marcados, cóntannos e os que teñan 3 ou máis días pintados poden coller un premio na bolsa.
Con esta dinámica conseguiuse que nenos que soamente levaban galletas e zumes para os almorzos comezaran a levar froita, e os que seguen sen levala piden aos amigos que lle compartan un anaquiño para poder marcarse. O importante non é a cantidade de froita que coman, se non que polo menos coman algunha e vaian facendo pouco a pouco o hábito e o gusto por almorzar froita a media mañá.