graduación

Completo programa de graduación no colexio Salesianos

OURENSE. 18.05.2017 SALESIANOS, ACTO DE GRADO BACHILLERATO. FOTO: MIGUEL ANGEL

52 alumnos graduáronse este curso e durante a 
celebración estiveron acompañados por amigos e familiares

Tres actos ben diferenciados serviron para conmemorar a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do colexio María Auxiliadora "Salesianos". Sumaban máis de medio cento de bachilleres, que acompañados por familiares, profesores, amigos e representantes da ANPA compartiron unha estupenda xorndada festiva. 

O primeiro dos actos foi a eucaristía de acción de gracias no marco da novena da patrona colexial, celebrada na igreza de María Auxiliadora. Posteriormente, no teatro do centro compartiro un acto cultural, con discursos, imposición de bandas e insignias e a entrega de diplomas de recoñecemnto. A terceira parte da graduación foi nos pórticos do centro, onde todos os participantes compartiron pinchos e un viño español e todos tiveron a oportunidade de participar nun photocall para inmortalizar este emotivo momento.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar