CEIP PLURILINGÜE DE SEIXALBO

Conmemoración do Día da Diabete

Escolares de Seixalbo participaron en diversas actividades para coñecer mellor esta enfermidade

O alumnado recibiu globos de cor azul como símbolo deste día.
O alumnado recibiu globos de cor azul como símbolo deste día.
Conmemoración do Día da Diabete

A Marea Azul adentrouse no CEIP de Seixalbo con motivo do Día Mundial da Diabete 2018. Escolares e profesores compartiron unha serie de actividades durante a xornada, tanto nas aulas como no comedor do colexio. Os cativos realizaron debuxos onde o tema central era a diabete, tamén leron contos e realizouse, tanto nas aulas como no comedor, unha lectura conxunta do libro "Glucolandia. "Hemo-poemas" infantiles".