As danzas son moi beneficiosas

Barbadás. 11-03-16. Xornal escolar. Danzas do mundo no colexio Filomena Dato da Valenzá.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Danzas do mundo no colexio Filomena Dato da Valenzá.

O ximnasio do colexia Filomena Dato acolleu hai uns días un Festival de danzas galegas e do mundo

O ximnasio do colexio Filomena Dato acolleu hai uns días un Festival de danzas galegas e do mundo. Na actividade, organizada polo departamento de Educación Física e máis concretamente pola profesora Susana Godoy, estivo dirixida ao alumnado de 3º de Educación Infantil.

Con esta proposta o que se pretendía no só a transmisión do patrimonio artístico e cultural e o fomento das relacións interxeracionais, senón que os escolares compartiran unha proposta divertida ao tempo que amosaban as súas habilidades que se van incrementando coa práctica dan danza.

O baile e a danza forman parte do currículo escolar e no bloque da actividades físicas artístico expresivas fálase de elementos tan importantes como a sincronización do movemento con estructuras rítmicas sinxelas. Segundo suben de curso, os alumnos adquiren novas exixencias.

BENEFICIOS DE BAILAR CO ALUMNADO: 

É moi positivo xa que é unha forma de comunicación artística e de expresión, axuda á socialización do alumnado máis tímido, relaxa e libera adrenalina, favorece a implicación no que están a facer, mellora a autoestima, fomenta o sentimento de grupo, abre a mente hacia outras culturas e contan con outros moitos beneficios que soamente os que o practican  o desfrutan

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar