XORNAL ESCOLAR

Divertida xornada de educación vial en Bande

20170624133004281_result
photo_camera Los escolares do CEIP e da Escola Infantil de Bande.

Escolares do CEIP e da Escola Infantil de Bande percorreron un circuíto no que tiveron que respectar os sinais

O Concello de Bande levou a cabo unha actividade de educación vial dirixida aos alumnos do CEIP de Bande e da Escola Infantil de Bande.

A actividade foi organizada polo Concello de Bande e a agrupación de voluntarios de Proteccion Civil de Bande en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense. Acudiron á mesma Ambulancia do Ges de Lobios, Protección Civil de Bande, Vixiante municipal do Concello de Bande, Patrulla de Tráfico camión de bomberos do Distrito Forestal de Bande. A agrupación  de Protección civil confeccionou un circuíto con distintos sinais relacionados coa educación vial.

Asemade, todos os dispositivos colaboradores amosaron os seus vehículos explicando aos alumnos o seu labor e funcionamento, facilitando a todos os nenos o acceso aos mesmos. Ademais contarron coa desinteresada colaboración da formadora de Educación vial da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Sinda Aguair. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar