actividades

Os domingos son días de teatro e actividades en familia

gffg

Todas as semanas ás 12.00 horas, o Auditorio Municipal acolle propostas de lecer para os cativos

"O pequeno señor Paul" foi a cita deste pasado domingo, pero cada semana o Auditorio Municipal de Ourense acolle unha nova actividade de ocio pensada para os máis cativos da casa e para familias ao completo. Nesta ocasión a compañía Baychimo achegou unha representación tetral baseada no libro de Martín Baltscheit no que o actor xoga a ilustrar o que conta. Durante a presentación compón un collage de imaxes con referencias ao cine clásico, utilizando para iso un zootropo, un traumatropo, animacións, proxectores de diapositivas, de vídeo, etcétera.

Nesta ocasión foi teatro, pero cada domingo o Concello de Ourense organiza unha proposta diferente. Deste xeito tamén hai maxia, obradoiros, espectáculos musicais e numerosas propostas máis coas que pasar unha estupenda mañá dominical de lecer e en familia.

Este domingo, 1 de outubro, a proposta denomínase "O apartamento", tratase de Circo a cargo da compañía Cirk About It.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma