COLE A COLE

Un Entroido de conto

OURENSE. 01.02.2017 COLEGIO FRANCISCANAS, GRABACION PROGRAMA ESPECIAL XORNAL ESCOLAR. NOA, MELANIA, MIGUEL E DANIELA. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Noa, Melania, Miguel e Daniela lucen orgullosos os seus marabillosos disfraces.

Non hai nada máis divertido, creativo e lúdico, para os estudantes de educación infantil, de Franciscanas, que confeccionar o seu propio disfrace

O centro educativo Divina Pastora, Franciscanas, é un colexio creativo, innovador e en continua renovación pedagóxica. É un centro católico, concertado, plurilingüe, da orde Franciscana, centrado no alumnado e aberto ás propostas das familias. Ofrecen unha educación integral dende o punto de vista individual, social e trascendente que os compromete a potenciar valores de xustiza, esforzo, fraternidade e solidaridade, a través de proxectos e programas de innovación. 

Neste coñecido centro educativo de Ourense están atentos á realidade cambiante. É un centro perfectamente equipado con 6 aulas de Infantil, 2 aulas de IMM (Intelixencias Múltiples), 12 aulas de Educación Primaria, 12 aulas de ESO, 4 aulas de Bacharelato, 1 aula de Educación Especial, aulas de apoio e aulas de desdobre.Lévanse a cabo diversos proxectos: Programas saudables (Programa SI), programas de voluntariado, programas medioambientales, plan de animación á lectura, recursos e formación TIC, plurilingüismo, aulas tecnópole, interioridade, PBL (problem-based learning), Intelixencias Múltiples e un programa intenso de Aprendizaxe cooperativo.

Destacar que neste centro educativo fomentan o coidado do medio ambiente como reflectimos no xornal escolar, do 14 de decembro do 2016, cando visitaron o programa de Telemiño os Ecovixiantes de Franciscanas.

Tamén sinalar que no colexio plurilingüe Divina Pastora, Franciscanas destaca a implicación da Comunidade Educativa, a cercanía e o trato persoal cos alumnos e familias, e a formación en valores. Nesta ocasión imos coñecer como organizan unha das festas máis destacadas da provincia de Ourense, o Entroido.

0 Entroido é unha das actividades máis divertidas do curso escolar. Non hai nada máis entretido, creativo e lúdico, para estudantes e docentes, que confeccionar o propio disfrace. 

O resultado son sorprendentes creacións que fan posible un entroido colectivo no que participan todos os estudantes do centro.
Os alumnos de educación infantil e primaria elaboran os disfraces  coa axuda do profesorado. 

Nalgunhas aulas, sobre todo en infantil, realizan talleres coas familias para colaborar na confección dos traxes para o entroido dos seus fillos e fillas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?