XORNAL ESCOLAR

Entusiasmat esperta a motivación

Ourense. 09-02-17. Xornal Escolar. Grabación do programa do Xornal Escolar en Salesianos.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un grupo de escolares do colexio Salesianos na aula onde levan a cabo as distintas actividades do programa Entusiasmat.

Escolares de infantil do colexio Salesianos están inmersos nun proxecto que permite traballar as matemáticas dun xeito útil e práctico e ofrece ao profesorado recursos para que estén motivados

O colexio María Auxiliadora “Salesianos” é un referente educativo en Ourense. Conta con máis dun millar de escolares repartidos en Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato.

O profesorado do centro, conformado por 71 integrantes, profesionais expertos das distintas materias que se imparte en cada nivel educativo, é un grupo moi unido e implicado na formación integral do alumnado. Non é de estrañar o elevado número de proxectos nos que están inmersos cada curso, así como os magníficos espazos cos que contan para realizar actividades concretas e facer posible a realización dos proxectos nos que participan.

Un dos máis salientables é o Proxecto de Innovación Entusiasmat, no que traballan co alumnado de Educación Infantil xa dende o curso 2014-2015. Entusiasmat é un programa didáctico-pedagóxico baseado nas intelexencias múltiples. Permite traballar as matemáticas dun xeito útil e práctico e ofrece ao profesorado un gran número de metodoloxías e recursos para que o alumnado esté motivado. Pódese afirmar que Entusiasmat ten como principal obxectivo ensinar e achegar ao alunado o aprendizaxe das matemáticas dunha maneira contextualizada e adaptada á realidade. En definitiva, trátase tamén de aprender as matemáticas dun xeito moito máis ameno e neste programa xoga un papel moi importante a motivación que presentan os escolares á hora de levar a cabo as actividades que conforman este programa didáctico.

As cámaras de Telemiño quixeron saber máis deste interesante proxecto e ser testigos directos de como se leva a cabo polo que se achegaron ás aulas do colexio María Auxiliadora para vivir cos nenos un día cotiá nunha aula Entusiasmat. Alí atopáronse a nenos e nenas construíndo a súa aprendizaxe dun xeito autónomo e fundamentalmente manipulativo. Unha das claves deste proxecto é que se respecta o aprendizaxe de cada alumno e alumna sabendo da súa potencialidade. Deste xeito cada un desenrola a súa intelixencia dende os diferenres eidos polo que resulta una programa do máis interesante e o que é máis importante, no que os escolares están en todo momento plenamente motivados.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma