COLE A COLE

Fabuloso equipo o CEIP de Maceda

No CEIP de Maceda traballan conxuntamente para que os estudantes formen os seus propios criterios e tomen decisións responsables

Os alumnos do CEIP Maceda.
Os alumnos do CEIP Maceda.
Fabuloso equipo o CEIP de Maceda

No CEIP de Maceda asisten estudantes dos concellos de Maceda, Xunqueira de Espadañedo, Paderne de Allariz e Esgos. 

Os 184 alumnos/as deste centro educativo agrúpanse en tres aulas de educación infantil e sete de educación primaria.

O obxectivo principal da dirección do centro e do departamento de orientación (compartido co Ceip de Baño de Molgas), en coordinación con todos os docentes e especialmente cos tres especialistas de pedagoxía terapéutica e un de audición e linguaxe, é responder á atención á diversidade do centro educativo de Maceda, levando a cabo medidas organizativas ordinarias e extraordinarias para dar resposta ás necesidades educativas de todos os estudantes.

O CEIP de Maceda é un centro ideoloxicamente pluralista, o que implica respectar tódalas ideoloxias e crenzas, intentando dar a información máis obxectiva posible para que os alumnos formen os seus propios criterios e poidan tomar decisións responsables.

O centro educativo de Educación Infantil e Primaria de Maceda, pretende fomentar no estudante unha actitude curiosa e crítica que se convirta na base da súa formación e na adquisicións das aprendizaxes. 

"Ao Ceip de Maceda asisten estudantes de catro concellos"

A organización do centro baséase no principio democrático que se concreta nos seguintes valores: participación activa de tódolos membros da comunidade educativa, transparencia, corresponsabilidade e interacción co medio e coa contorna.

O exercicio dos dereitos de calquer membro da comunidade educativa deberá basearse no respecto dos dereitos dos demáis membros. 

Preténdese fomentar valores de solidariedade e tolerancia , favorecer a convivencia sen discriminación por razón de sexo, clase social ou procedencia e educar nas normas básicas do diálogo.

"Participación activa e interacción co medio"

Os servizos que ofrece o CEIP De Maceda son: transporte escolar, comedor, acollida temperá, clases de reforzo educativo, informática e música. Este centro educativo participa nunha ampla variedade de deportes: (campo a través, balonmán, competición fútbol sala, baloncesto, bádminton, nas categorías benjamín, alevín e infantil).

Ademais das actividades de cada aula propias das festividades do calendario escolar, conmemoran conxuntamente O Samaín, O Magosto, Festival de Nadal, O Entroido, O día da Paz, O día da árbore e O Día das Letras Galegas.

Este centro educativo está perfectamente equipado, é importante suliñar que ademais das instalacións propias de cada centro educativo de educación infantil e primaria, contan con salón de actos, comedor con cociña propia, aula de informática, biblioteca, aula de pretecnolóxicas, obradoiro de música e unha estupenda pista polideportiva. 

FICHA DO CENTRO 

CENTRO
CEIP de Maceda
ALUMNOS
184

PROFESORES
21
OFERTA EDUCATIVA
Infantil e Primaria