XORNAL ESCOLAR

Franciscanas e A Purísma, os gañadores

220 escolares participaron na primeira edición deste certame que enchou de ledicia a Praza Maior e a Rúa do Paseo

Conchi non deixou de sorprenderse ante o ambiente festivo que se respiraba en cada recuncho da Praza Maior e aproveitou para intercambiar impresións cos nenos e nenas que participaron no concurso. (Foto: Xesús Fariñas)
Conchi non deixou de sorprenderse ante o ambiente festivo que se respiraba en cada recuncho da Praza Maior e aproveitou para intercambiar impresións cos nenos e nenas que participaron no concurso. (Foto: Xesús Fariñas)
Franciscanas e A Purísma, os gañadores

Seis centros de ensino, sete panxoliñas e máis de 220 nenos foron o principal ingrediente do I Certame Interescolar de Panxoliñas cidade de Ourense convocado dende a Concellería de Educación do Concello de Ourense. A Praza Maior convertiuse no punto de encontro de todos os participantes. Ataviados con complementos propios do Nadal, incluso se sumou á festa o Belén Vivinte dun grupo de escolares. 

A festa e a diversión estaban aseguradas e, por turnos, cada grupo de escolares foi presentando as súas panxoliñas, adaptacións e tamén composicións inéditas. A Praza Maior foi unha festa e os escolares os protagonistas. Ao remate e froito do ambiente festivo que se respiraba, os cánticos continuaron pola rúa do Paseo.

Gañadores

Escoller aos gañadores foi unha tarefa moi dura para o xurado xa que todas as panxoliñas foron estupendas. Na categoría Infantil resultaron vencedores os escolares de A Purísma, cunha adaptación de "Vamos, vamos rapaciños". Na categoría xuvenil, os gañadores foros os alumnos e alumas do colexio Divina Pastora "Franciscanas", cun tema inédito titulado "Agardamos por ti". 

Mañá xoves, ás 11.30 horas, o Salón de Plenos do Concello de Ourense acollerá o acto de entrega dos premios e os escolares volverán a cantar os temas cos que se proclamaron gañadores do concurso.