COLE A COLE

Medio século de formación integral

04.05.17.OURENSE.IES.BLANCO AMOR.

O IES Eduardo Blanco amor cumpre 50 anos traballando para proporcionarlle ao alumnado unha formación académica e persoal que proporcione unhas normas básicas de conduta

No barrio ourensán de A Ponte está ubicado o IES Blanco Amor, un centro de ensino de referencia na provincia que este ano conmemora o seu 50 aniversario. No IES Blanco Amor impártense as modalidades educativas de ESO e Bacharelato, e contan tamén con ensinanza de adultos. 

O principal obxectivo da comunidade educativa cada curso é traballar a prol dunha educación integral e de calidade do seu alumnado. No IES Blanco amor non só se preocupan dos aspectos académicos senón que unha das prioridades é traballan en aspectos que atinxen á conduta. Soedade do Muíño, directora do centro incide na importancia de que o alumnado “entenda que é necesario ter uns principios básicos polos que guiarse e unhas normas básicas que faciliten a correcta relación entre os membros da comunidade educativa e, por extensión, entre os membros da sociedade” xa que o respecto ao outro, en calquera das súas facetas, é imprescidible para facer alumnos e cidadáns responsables.

No IES Blanco Amor complementan as clases das distintas materias que se imparten en cada nivel educativo con plans e proxectos que serven para que o alumnado adquira unha formación máis completa. Deste xeito contan con numerosos proxectos que se prolonga dende hai xa varios anos. Este é o caso do proxecto lector, que recolle a media hora de lectura obligatoria co fin de que o alumnado adquira este hábito que  resulta do máis enriquecedor en múltiples facetas do seu aprendizaxe. Ademais do plan lector, que se leva a cabo dende hai xa nove anos, as actividades na biblioteca relacionadas co voluntariado son unha constante curso tras curso. Tamén contan con varios proxectos de formación de alumnos no que se refire ás novas tecnoloxías, xa que neste centro de ensino de A Ponte saben que a tecnoloxía é o presente e o futuro e queren que o alumnado finalice a etapa escolar neste IES coa formación precisa neste ámbito para estar preparado para a demanda actual. 

Entre os múltiples espazos cos que contan neste centro de ensino de amplas dimensións está a aula de convivencia, dende onde traballan arreo co alumnado que presenta condutas que ameazan a armonía. Deste xeito tratan cada un dos comportamentos inaxeitados e buscan melloras de comportamento a base de diálogo e razoamento.

No ámbito docente, traballan a programación conforme á Lomce, un plan bianual co que o profesorado non deixa de formarse e adaptarse ás demandas educativas actuais.
O IES Blanco Amor é polo tanto un centro de ensino global, tanto pola cantidade de proxectos e plans nos que participan para ofertar unha formación do máis completa, como pola experiencia avalada por cinco décadas adicados ao ensino integral de miles de ourensáns. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?