CERTAME

Participa no especial Xornal Escolar de fin de curso

Soamente tedes que enviar as mellores fotos das vosas celebracións antes do 23 de xuño

Participa no especial Xornal Escolar de fin de curso

O curso escolar está a piques de rematar e pronto comezarán as vacacións de verán. Antes de que isto aconteza, os centros de ensino da provincia, tanto de Infantil e Primaria como da ESO e Bacharelato celebrarán as festas de fin de curso. Festivais, celebracións ao aire libre, inchables ou representacións sucederanse nos colexios e o Xornal Escolar volverá a ser testemuño de todo isto. 

Así, se queredes participar no Especial Festas de Fin de Curso do Xornal Escolar soamente tedes que facernos chegar as vosas fotografías máis divertidas da festa ou calquer consulta a xornalescolar@laregion.net, antes do 23 de xuño. 

Non deixedes escapar a oportunidade de ver como a vosa festa loce nas páxinas do Xornal Escolar, que se publicará o mércores, 27 de xuño.

Agora toca descansar e repoñer forzas para comezar en setembro o curso 2018/2019 con toda a enerxía posible. 

Desde o Xornal Escolar queremos agradecervos a todos e a todas a vosa participación durante o curso e que apostarades polo suplemento educativo de La Región para compartir as actividades do voso colexio. Feliz verán!