Premio á "Escola Activ@" do Padre Feijoo Zorelle

O traballo recolle as principais actividades e proxectos realizados no centro de ensino ourensán

Como un recoñecemento ao esforzo e ao traballo en equipo, así definen dende a aula de 4º de ESO do Colexio Padre Feijoo-Zorelle o seu sentir no momento de enterarse que eran os gañadores da súa categoría do concurso que cada ano convoca o Xornal Escolar. 
"Escola Activ@" é o título do seu xornal, un traballo que comezaron a elaborar pensando moi ben os temas que ían a tratar. Posteriormente, documentáronse distribuíndo os temas por grupos e seccións e, a continuación, comezaron a redactar os artigos e realizaron as entrevistas.

Para ilustrar o seu xornal seleccionaron fotos da propia web do centro e tamén realizaron moitas delas. Cando xa tiñan todo o material precioso e, o que é moi importante, o título, comezaron a darlle forma a "Escola Activ@", eso sí, sempre coa axuda e supervisión da profesora, Beatriz Temes. O resultado foi un magnífico traballo xornalístico no que se recollen as principais actividades e proxectos realizados no colexio e un resumo dos traballos e premios recibidos no curso escolar 2015-2016, soamente lles quedou un premio fóra, un moi importante que lles outorgaron despois do cerre do seu xornal, a Peonza de Oro, na X Edición do Concurso Espiral-Edublogs, realizado polos propios alumnos e alumnas de secundaria denominado "Ciencia Activa, ESO é!".

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?