XORNAL ESCOLAR

Proxectos en todos os ámbitos

27.01.16.COLES.CAMBEO.COLEXIO ANTONIO FAILDE.
photo_camera Los escolares del CPI Antonio Faílde.

No Colexio de Cambeo destaca o ambiente de colaboración entre alumnos, profesores e unha ANPA ilusionada

Ademáis de aulas ordinarias, o CPI Antonio Faílde conta con aulas dotadas dixitalmente na ESO e en proceso en Primaria e Infantil e co Programa Abalar nas dúas etapas, o que implica ordenadores individuais para o alumnado de catro niveis, contan con aulas de especialidades: dúas de música, informática, plástica, tecnoloxía, laboratorio de ciencias, específicas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe.

A implicación dos profesores tamén se extende aos proxectos xa que son os que os levan adiante con moito esforza, entre eles tamén o Plan Proa. Destaca o ambiente de colaboración e participación en actividades educativas complementarias e extraescolares tanto dentro como fóra do centro (Entroido, Magosto, A Paz, Letras Galegas, excursións de inmersión lingüística, teatro, concursos...) do alumnado, profesorado e dunha ANPA ilusionada e implicada co centro.

No tocante aos proxectos destacan tamén o internacional Comenius, no que participaron durante dous anos; no ámbito medioambiental, contan cun horto escolar e un invernadeiro, así como a continua dotación, ampliación e coidado das zonas verdes con interés didáctico (xardín botánico); no ámbito da saúde, continúan co Plan de

Hábitos saudables que, entre outros, supón que o noso alumnado coma froita fresca nos recreos; no deporte, participan en actividades de deporte escolar como “Campo a través”; no tocate ás TICs, contan desde o inicio co proxecto Abalar (de ordenadores individuais por alumno) en Primaria e Secundaria, aulas dixitalizadas en secundaria e parte de Primaria.

A biblioteca do centro e os clubs de lectura son tamén referentes, a primeira como centro dinamizador de importantes proxectos que implican a todas as etapas educativas no interés pola lectura e o coñecemento (concursos de fotografía, mochilas viaxeiras, clube de lectura, etcétera. A biblioteca está aberta en horario non lectivo ás familias.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante