XORNAL ESCOLAR

Reporteiros con moita experiencia

20170515142250609_result

Escolares de 6º do Amadeo Rodríguez Barroso participaron no programa de Telemiño e deron conta do ben que se lle da manexarse ante as cámaras, xa que o fan habitualmente no colexio

O programa Xornal Escolar de Telemiño contou coa visita dun nutrido grupo de escolares do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, que acudiron á cita televisiva acompañados polo profesor Miguel Anxo Álvarez, docente de PT do centro. 

Antes de comezar o concurso e as adiviñas que lle formularon ao profesor convidado, presentaron nun vídeo que gravaron previamente no centro, as instalacións do colexio e as múltiples actividades nas que participan durante o curso.

Dividiron o vídeo en dúas partes, a primeira adicada ás instalacións do centro, magníficas e modernas, e a segunda á celebración do Día das Letras Galegas.

Deste xeito, na primeira parte vídeo percorreron as aulas de Infantil, a biblioteca, a aula de informática, a de inglés e varios proxectos nos que están a participar estes días, como por exemplo o comic, o Maio, a radio escolar ou o horto, onde ademais de aprender moitas cousas interesantes, o pasan estupendamente.
 
ADIVIÑAS 

O momento das adiviñas resulta sempre do máis divertido. Os escolares ofreceron unhas pistas de diversos obxectos e accións que o profesor acertou con moita habilidade.

LA REGIÓN NAS AULAS

No CEIP Amadeo Rodríguez Barroso empregan o xornal no seu día a día para estar informados de todo o que acontece no mundo, dos temas máis importantes e, en definitiva, da actualidade. Cada semán os alumnos maiores collen un xornal e lévanno para casa para escoller unha nova e traballar sobre ela.

RONDA DE PREGUNTAS

A ronda de preguntas é un dos momentos máis agardados polos escolares, aos que lles encanta saber información precisa dos seus profesores. Neste caso, Miguel Anxo respostou sen problema a cada unha delas. 

Como te afaes para organizar o teu traballo?

Boa pregunta. Eu fago e despois todo vai indo. Teño uns alumnos estupendos e con eles todo sae ben.

Por que decidiches vir dar clase ao noso colexio?

Porque vivo preto e teño dous nenos pequenos. Así é máis fácil conciliar a vida laboral e persoal.

Se non foses profesor, a que che gustaría adicarte?

Houberame gustado algo relacionado co medio ambiente, por exemplo garda forestal.
Tras as preguntas, Susana de Marketing La Región acudiu ao plató para presentar todas as campañas que organizan, así como as múltiples actividades que realizan dende +Deporte. A vindeira cita será o día 27 na Praza Maior de Ourense, unha convocatoria de Fitnees que promete ser do máis divertida.

Para despedir o programa, nenos e profesores adicáronlle unha canción a todos os espectadores de Telemiño.

AUGA ESCOLA

Esta semana, na sección de Viaqua presentaron un interesante experimento. Levou por titulo "Simulación Red de Saneamiento, Bombeo de Residuales y problemáticas toallitas". Durante esta actividase se explica o funcionamento da rede de saneamento de auga residual e entran en detalle no funcionamento dunha Ebar, esto é, estación de bombeo de auga residual, e as problemáticas que sucenden en este tipo de instalacións polo empleo desmesurado das toalliñas e demais resíduos.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma