PHOTOCALL

Un sensacional día entre patacas

20171116105426546_result
photo_camera Escolares e profesoras, acompañados por membros do Inorde e do Centro Agrogandeiro de Xinzo de Limia, preparados para gozar dunha fantástica xornada entre patacas.

Escolares de 5º de Infantil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia participaron nunha serie de actividades relacionadas co tubérculo estrela da comarca da Limia, a pataca

Escolares de 5º de Infantil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia, xunto ás súas mestras, participaron nunha serie de actividades relacionadas co tubérculo estrela da comarca da Limia, a pataca.

Foi un día excepcional, dunha intensa actividade que comezou coa visita ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, onde puxeron en práctica as súas habilidades manuais decorando patacas, empregando varios materiais como pintura, escarvadentes, lazos, gomets, etcétera. A seguinte parada foi na finca de ensaio do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde-Deputación de Ourense ten na Lagoa de Antela onde, en colaboración co persoal do Concello de Xinzo, procederon á colleita de patacas. Para a ocasión, os escolares acudiron equipados cos seus correspondentes cestos, e a experiencia resultou ser todo un éxito. Como colofón a un día tan especial, visitaron a fábrica de patacas fritas Jaly´s, tamén ubicada no municipio ourensán. Alí foron testemuños directos do proceso de preparación das patacas, desde que chegan á fábrica ata que se envasan para saír á venda e posteriormente ser consumidas nos fogares.

A xornda foi do máis completa, cargada de momentos divertidos e de aprendizaxe, xa que ao remate da actividade os cativos do Carlos Casares voltaron ás súas casas coa sensación de que aprenderan moitas cousas interesantes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?