XORNAL ESCOLAR

Sorrisos no plató de Telemiño

photo_camera Rafael Torre, Jadira Pérez, Coral Rodríguez, Conchi Pérez e Irene Martínez.

A mestra Irene Martínez, a concursante do CPI Jose García García de Mende, respondeu con dilixencia ás preguntas dos seus alumnos, un grupo cunha gran sensibilidade e unidade

O CPI José García García, situado nun entorno privilexiado e rodeado de natureza na zona de Mende (Ourense), é un centro público que integra as tres etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria.

O transporte escolar, o comedor escolar, con cociña de elaboración propia, e as numerosas actividades complementarias e extraescolares fan deste centro un lugar de educación, convivencia e participación que ten como principal obxectivo a educación integral do alumnado.

Un potente Departamento de Orientación e a coordinación entre o profesorado das diferentes etapas educativas, así como a estreita colaboración coas familias, permite atender ás diversas necesidades do alumnado, dende os que teñen dificultades académicas ata os de altas capacidades conseguindo, ano tras ano, que o alumnado acade os seus obxectivos.

A concursante da semana é Irene Martínez que respondeu a unha serie de preguntas durante a gravación e superou as probas que os seus alumnos tiñan preparadas para ela.

Cantos alumnos e profesores hai no centro?

Somos un claustro de corenta e catro profesores, dezasete de Primaria (a mestra de relixión é intinerante). En Infantil hai 120 alumnos e 130 en Secundaria. Nos patios só coinciden quince minutos no recreo. É enriquecedor para eles, coñécense uns a outros e hai moi bo ambiente.

Cando se construiu o colexio?

Non sei decirche exactamente pero leva polo menos corenta anos construido. Cando era pequena non estaba, había unha escola unitaria. Sobre 1976 era o Colexio Nacional de EXB, ahora somos un colexio integrado: Infantil, Primaria e ESO.

Que podemos mellorar no colexio?

No verán pintarase o colexio, e vanse aumentar as pizarras dixitais e sobre todo queremos que Telefónica aumente a cobertura. Queremos instalar a fibra óptica xa que cando se conectan todos á vez é lento. Temos o proxecto Abalar en 5º e 6º, con ordenadores para cada neno, e necesitamos mellorar a cobertura de internet.

A mestra do CPI Jose García García de Mende, respondeu a unha serie de preguntas de cultura xeral que lle formularon os propios alumnos.

Onde está a Torre Eiffel?

É facil, moi fácil, son bos, moi bos, non me poñen en apertos. Polo menos Coral non me puxo. En París.

Cantos países forman a Unión Europea?

A Unión Europea se mal non recordo vinte e oito, como andan entrando e saíndo...Alemania está seguro!

Por que a nosa cidade chámase Ourense?

Fai pouco falamos dos Romanos nas clases. Pois sí, polos Romanos, parece ser que había moito ouro no río Miño, puxéronlle a palabra Auriense, que ven de Ouro en latín. Esta é unha teoría. Pero hai outras que teñen que ver coas augas quentes, que como sabedes temos as Burgas e os manantiais das Termas.

Onde vas ir de vacacións?

Inda quedan uns meses....Sempre vou ao norte de A Coruña, á Costa da Morte. Eu non son de praia, gústame pasear e ver paisaxes. Gústame moito este espazo xa que non está masificado.

Cantos anos hai que eres mestra?

Xa fai bastantes... A primeira vez que traballei foi o 1 de setembro de 1989, fai 26 anos. Inda que xa o tiña decidido de nena, dudaba entre estudar Maxisterio ou Pedagoxía.

Que grupo musical ou cantante é o teu preferido?

Gústame moito o cantante inglés Elton John. Son máis de estilos románticos e tranquilos. Mentres que os seus alumnos falan dos seus gustos musicais: Malú, Bisbal, etcétera.
Mestra e alumnos manifestaron estar nerviosos pero disfrutaron moito da experiencia de gravar un programa na televisión. Unha xornada moi especial para todos. Sen dúbida repetirán.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar