XORNAL ESCOLAR

Tecendo redes de convivencia

photo_camera Los escolares del IES Carlos Casares.

O IES Carlos Casares de viana do bolo é un centro en constante aprendizaxe e dinamismo, sempre pendentes de conxugar calidade educativa cun factor humano fundamental na formación de cidadáns responsables e críticos.

Enmarcado no sureste da provincia, na montaña ourensá, o IES Carlos Casares, con 150 estudantes e 28 docentes, enfróntase curso a curso, co apoio constante da Xefatura Territorial e as administracións educativas, ao reto de manter unha oferta variada e de calidade na vida educativa da bisbarra. Para o vindeiro curso 2017-2018, ofertarán as 3 liñas de Bacharelato, toda a ESO, 2 grupos (1º e 2º) de FPB na especialidade "Informática de Oficina", que garanten a atención á diversidade, e un Ciclo Medio de Atención a persoas en Situación  de Dependencia, ademáis dunha demanda recente e masiva na vila: a implantación do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería.

Nos últimos tempos o centro profundiza na temática da Convivencia, a Mediación, e en xeral, a resolución dialogada de conflitos para crear escolas humanizadas e espazos de benestar. Desde hai 3 anos, participan como cofundadores da Escola de Mediación Xesús R. Jares, en honra ao ilustre profesor e pedagogo vianés. Esta asociación, xunto a Universidade Católica de Colombia, UNESCO, CCEE Reyes Católicos de Bogotá, e outras institucións, difunde a mediacióin escolar e  as boas prácticas de convivencia en Hispanoamérica. Docentes deste centro e da Rede xa impartiron ponencias e cursos de formación en Colombia, México, Ecuador e Costa Rica. Nesa liña, este instituto de Viana do Bolo, asumiu un compromiso fermoso e complexo albergando os V Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva, que reúne a varias escolas de toda Galicia unha vez ao ano para intercambiar experiencias de bos ensaios na aula.

É a primeira vez que esas xornadas abandonan a costa e o eixo atlántico, e viaxan ao oriente galego, e foron un éxito rotundo de asistencia, pese ao momento do curso e a dificultade do desprazamento. Contaron cós mellores expertos en convivencia de toda España, e mesmo coa asistencia de dous compañeiros de Colombia, o Dr. Victor Fiorino da Universidade Católica de Colombia e o alumno Sergio González, experto mediador do CCEE Reyes Católicos, instituto de titularidade española en Bogotá. Nesa liña a Rede de Centros en Galicia queda moi afianzada cos IES Xulian Magariños de Negreira, Sánchez Cantón de Pontevedra, Johán Carballeira, de Bueu, Castro Alobre de Vilagarcía e o propio IES Carlos Casares de Viana.

Tamén mencionar que as saídas culturais son un referente neste centro, sempre tratando de que cumpran dous requisitos innegociables: o carácter pedagóxico e a sostenibilidade económica para o instituto e as familias. Na viaxe de Bacharelato alternan cada ano Sevilla e Lisboa. No vindeiro ano académico terán un intercambio en familias duns 15-20 rapaces cunha escola francesa, a uns 100 Km ao sur de París. Tamén  traballan na organización dun intercambio a 2-3 anos vista de alumnado vianés con compañeiros do Instituto Checo-Español de Brno-Bystrc, na República Checa, unha actividade que xa se realizou en 2009 e que marcou moi positivamente a unha xeración de estudantes deste fabuloso instituto.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?