XORNAL ESCOLAR

"A viaxe das bolboretas", unha gran curtametraxe

bolboretas 056_result
photo_camera Personaxes da curtometraxe.

Os alumnos de 2B do CEIP A Ponte narran as peripecias da viaxe dun vermiño e os seus amigos

Os alumnos de 2ºB do CEIP A Ponte xunto cas súas mestras Mª Asunción Fernández, Marisa Gamallo, Pura Rodríguez e María Torrado, participaron no concurso “Nós tamén creamos” do Plan Proxecta 2015 de Curtos de Animación en galego, convocado pola Secretaría Xeral de Educación, Formación e Innovación Educativa. A curtametraxe de animación que realizaron foi “A viaxe das bolboretas”, unha adaptación do libro do mesmo título de Paula Carbonell e Chené Gómez de 2006 e de OQO editora.

Narran as peripecias da viaxe dun vermiño e os seus amigos da laranxeira ao limoeiro, apenas 5 metros pero…abondo para un vermiño!, e todo o que lles acontece. É unha auténtica curtametraxe! Ten unha duración de 5 minutos e 30 segundos, conta coa presentación dos seus personaxes e inclúe tomas falsas. Próximamente na web do colexio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar