PADRE FEIJÓO ZORELLE

"¡Viva la vida!", con Frida Kahlo

Escolares de cinco anos traballaron nun proxecto centrado na artista mexicana co que aprenderon moitas cousas de interés

"¡Viva la vida!", con Frida Kahlo

A profesora María José, xunto aos seus alumnos e alumnas de Infantil, do colexio Padre Feijoo Zorelle de Ourense participaron nunha apaixonante actividade. "¡Viva la vida!" foi o nome escollido para o proxecto sobre Frida Kahlo, a importante pintora e poetisa mexicana cunha intensa vida chea de cor, pero tamén do moita dor.

Esta actividade serviu para coñecela mellor, a súa dura infancia, as dotes para a pintura, a familia, o seu marido o pintor Diego Rivera e incluso a Casa Azul onde viviu. A figura da catrina mexicana que pintaba Diego Rivera e que se fixo tan famosa tamén se incluiu neste traballo, de feito fixeron algunhas para levar a casa e xogar coas cores e as flores.

 Descubriron e analizaron os cadros da artista, autorretratos e naturezas con cores algres e vivas. O que máis chamou a atención dos escolares foi a súa positiva filosofía de vida, tanto foi así que os inspirou á hora de pensar no título do proxecto: "¡Viva la vida!".