Cartas al director

Leccións de alcalde

Temporalmente de alcalde aquel que estivo “presente” nun pleno ao tempo que conducía. Mentres, en Ecuador tenta dar leccións sobre o funcionamento do sector primario un don Celidonio en cuxo concello a contaminación da auga debido ás granxas e cultivos, así como os regadíos ilegais ao carón do río Limia, que tanto se “honra” na festa do Esquecemento, proliferan máis cada verán, cada agosto, convertindo así o noso río nun campo máis que parece querer explotar. 

Aínda que o motor da Limia sexa o sector primario ao mellor o noso querido alcalde debería comezar a priorizar poder ter unha terra na que vivir a longo prazo, que enriquecerse cada día máis, ou a caso non pensa xa non só na veciñanza senón nos seus descendentes? 

Porén xa quedaron claras as súas prioridades no accidentado comezo da súa lexislatura. Parece que a nosa querida vila deberá esperar algúns anos para contar con alguén que a saiba coidar e apreciar como se merece, esperemos que para entón o noso benquerido alcalde non a convertese nunha terra erma e baldeira á mercé dos seus socios de goberno cuxos intereses non van máis alá que o que a Xunta manda e ordea.