Opinión

Con perversa intención

S e por un casual esta columna non reclamou a súa atención o pasado martes, direille que decidín dedicarlla ó que para min é un dos lastres -por non dicir, cancro- da administración local, como é o que en linguaxe administrativa se denomina "concorrencia competitiva", unha ferramenta xurídica creada co nobre obxectivo de promover a igualdade de oportunidades fronte á Administracións e que ten ós concellos meti- dos nun permanente bucle que ocupa unha morea de recursos humanos, na tramitación de -en moitos casos- infroituosos proxectos que non logran pasar a fase do papel, consumindo, sen embargo, milleiros de millóns.

Leo hoxe -onte para vostede, benquerido lector-, neste mesmo xornal, que só o Concello de Ourense declarou desertos un total de 20 concursos públicos e sérveme esta información para coller a parte polo todo e conti- nuar a miña administrativista reflexión, asegurando que ese, precisamente, o das concesións administra- tivas, concursos ou contratos destinados á xestión de servizos públicos por parte de sociedades ou empresas privadas, é para min o outro grave cancro que padece a administración, neste caso xeral, por máis que tamén lle afecte dun xeito particular á administración local.

E explícome...

Por máis que a estas alturas da miña vida leve preto de tres décadas ligado á administración local, nunca lle entendín moi ben onde está o truco desa máxima que afirma que un servizo público administrado por unha empresa privada é moito máis efectivo e efectista para o administrado ca se o xestiona a propia institución.

E isto é por lago tan simple como que, se unha insti- tución ten que ofrecer un servizo e a lei non lle permite gañar cartos con el, senón que con cubrir os custe do servizo xa se da por contenta, e unha empresa privada ten que gañar cartos -porque para iso se constitúen as empresas- está claro que esa porcentaxe de beneficio que a empresa lle ten que aplicar ó servizo non tería que soportala o administrado se quen xestionase o mesmo fose a administración. É dicir, para poder velo máis claro, se vostede paga polo servizo da auga -poñamos por caso- 4, se o servizo llo ofrece unha empresa, 2 serán para os custes do servizo, 1 para outros gastos deriva- dos do mesmo e 1 para o beneficio empresarial. Se, po- la contra, que lle xestiona o mesmo servizo é a propia administración é evidente que en vez de 4, vostede po- dería pagar 3 polo mesmo servizo.

Por qué, entón -pregunto- a Administración leva dé- cadas facendo unha evidente deixación de funcións na xestión dos servizos públicos e que tantos desgustos lle teñen acarreado nos últimos anos a tantos políticos?

Pois simplemente porque durante todos eses mesmos anos, no canto de deseñar unha administración áxil, o único que leva facendo o lexislador é construír unha pe- sadísima administración. O que non alcanzo a saber é se o fixo así, precisamente, con esa perversa intención.

Te puede interesar