A rebotica de Chano Piñeiro

Agora non adoita haber parladoiros nas reboticas. Mesmo parece que xa non hai reboticas. Pero noutros tempos ídos, sí que os houbo. Na de Perfecto Feijoo, por citar unha, deseñouse o intento levado a cabo con éxito de crear os coros e orfeóns galegos. Por aquela celebrada rebotica pasaron coñecidos contertulios,...

Soñar unha Galicia mellor

Acudimos á Pobra de Trives á celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística. A convocatoria, feita pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Pobra de Trives, e a colaboración estimable de Reme Martínez, xuntou ben xente nun acto no que participaron o...

Mandas testamentarias

Hai anos –máis de vinte- que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia    (AFNLG) publicou varios libros co mesmo rubro: “En galego, agora e sempre”. A colección recolle ao pé de mil mandas testamentarias escritas para a ocasión. Con elas preténdese recuperar unha vella...

Alcaldes de vivos e mortos

Os antropólogos recoñecen nas entidades locais a existencia de dúas parroquias: a dos vivos e, dentro delas, a dos mortos, os cemiterios, recintos sacrosánticos. Neses espazos está depositada a memoria colectiva dos devanceiros, que se identifican nas lápidas escritas maioritariamente en castelán, idioma que nunca...

Homenaxe á avogada xeral do Estado

Cando o Tribunal Constitucional resolveu en 1986  o recurso de inconstitucionalidade presentado pola Delegación do Goberno contra algúns preceptos da Lei de Normalización Lingüística de Galicia, a sentenza ordenaba que a Administración tiña que dispoñer dun prazo de adaptación gradual e progresivo ao réxime da...

O matiz de "Cantigas e Agarimos"

Como é ben sabido, a execución dunha partitura pode ter matices moi persoais, segundo  quen a interprete ou dirixa a agrupación musical. Para os ouvidos de entendidos e melómanos a percepción desas orixinais singularidades interpretativas non pasan desapercibidas. É moi ilustradora ao respecto a anécdota...

Honras a Ramón Castromil

O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a...

Consumidores

Cando a ocasión o require traemos a esta sección o debate sobre a publicidade en lingua galega para afondarmos na súa utilización nas estratexias comerciais que procuran buscar nos consumidores a fidelización ás marcas que se ofrecen.  Aínda son moitos os dirixentes empresariais que consideran que o noso...

O Couto Mixto, unha república raiana esquecida

José Rodríguez Cruz é o autor dun novo libro publicado por Edicións Laiovento co seuxerente título de “Couto Mixto. Aspectos folclóricos”. Nesta obra atopamos unha manchea de relatos que o autor foi recollendo da memoria dos veciños, porta por porta, daquelas aldeas nas que aínda aniña a conciencia de pertenza a un...

Premios Peña Novo 2018

Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois Peña Novo, cofundador das Irmandades da Fala, que puxeron cabo a un período protagonizado pola reivindicación literaria. O novo movemento vaille coller o relevo cunhas...

O tímido galeguismo das universidades

O día 9 de marzo de 1933, fai agora, xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial significación dados os avoltos tempos que vivía daquela Galicia. Francisco Fernández del Riego, que entón era un alumno da Facultade de Dereito, presentaba ao profesor...

Treixadura

Asistín ao concerto de presentación do novo disco do grupo “Treixadura” e saín reafirmado, unha vez máis, na miña convicción de que é a agrupación que mellor representa a nosa tradición musical. Non hai moito afirmaba nunha colaboración publicada aquí que o milagro de Treixadura é facer bailar e cantar a nenos e...

Precursores e discípulos da galeguización xurídica

Chegado o mes de novembro teremos a oportunidade para conmemorarmos o centenario da celebración da primeira asemblea nacionalista celebrada en Lugo  que proclamou a soberanía estética de Galicia para poñer orde as construcións urbás e rurais. Propuña o texto aprobado que para conquerir tal obxectivo compría...

Lingua de lei

O próximo 15 de xuño cumpriranse 35 anos da entrada en vigor da Lei de Normalización Lingüística de Galicia; unha norma fundamental para o fomento e normalización da lingua galega en todos os ámbitos, abranxendo ás institucións públicas e as...

Cada pedra ten o seu andar

Na arte de traballar as pedras os nosos canteiros botaban man da intelixencia, dos coñecementos empíricos e da imaxinación. Todos os tres medios conxugados facían do “arxina”, normalmente iletrado, un profesional competente capaz de crear fermosas obras de arte...

Os que queren non poden e os que poden non queren

Velaí o dilema no que estamos atrapelados desde hai ben tempo. Para resolvelo debemos saír deste encerello admitindo que son moitos e diversos os axentes causantes desta parálise. Nada de aplicar razóns cartesianas e simplificadoras, porque a responsabilidade ao tempo que está...

Ceas de empresa, tamén en galego!

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do Nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de estrañar porque celebraranse por milleiros. Nelas o ambiente de camaradería irá acompañado de bos pratos, viños e...

A memoria da lingua na paisaxe

A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do...

Miguel Ángel, precursor da galeguización

A Deputación de Ourense concedeulle o premio Ourensanía a Miguel Ángel González “por ter sido,se cadra, o deportista ourensán que máis altas cotas de recoñecemento acadou no ámbito internacional que nunca esqueceu as súas raíces, que...

Publicidade en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Parlamento de Galicia e Foro E. Peinador veñen de convocar a XXIV edición dos premios para fomentar o uso da lingua galega na publicidade. Concederanse catro premios, un por cada unhas das seguintes categorías, segundo o...