Opinión

Inmigrantes e maquillaxe política

Dun tempo a esta parte -que diría Max Aub- noto en falta un maior liderazgo no eido da política. Bótanse de menos grandes políticos que se adianten aos temas, con coraxe e serenidade. Políticos que respiren frases como balóns de osíxeno. Explicacións. Ideas. Pedagoxía. Políticos que non estean todo o día ao amparo duns asesores cuxa única misión é medi-las accións, para que toda palabra, todo xesto se ateñan a presumibles intereses electoreiros. Duns asesores para os que todos os días hai eleccións.

A cuestión é que este síntoma notouse, abondosamente, no noso goberno, coa traxedia de miles de inmigrantes desesperados que capturaron estes días a atención internacional. O que hai uns días defendían as concertinas das vallas de Melilla, agora eríxense en defensores dos “valores humanitarios” europeos. Quen anunciaban o efecto chamada, hoxe falan do deber de asistencia por motivos humanitarios. Quen puñan, hai tan só uns días, cotas restrinxidas para a admisión de inmigrantes, hoxe din que o que mande Europa, xa que o primeiro é o primeiro. Non digo que non haxa corazón entre os nosos gobernantes, pero ¿por qué, incluso cando hai unha boa corrección dunha política determinada, non terminamos de crer que as propostas son sinceras?.

Porque neste caso, os políticos novamente chegaron tarde, cambiaron de opinión despois de que os medios de comunicación e a opinión pública houbéranse sensibilizado ao respecto. ¿Por qué non se adiantaron? ¿Acaso os asesores auténticos, se os houbera, é dicir, os que entenden dos temas, non lles advertiron de que esta crise brotaría? Non o digo só por o noso goberno, senón por toda a Unión Europea. ¿Por qué non se tomaron medidas con anterioridade? ¿Por qué non se decataron? ¿Ou por qué non era aínda tema da opinión pública nin da opinión publicada? Non sé cal das respostas é peor …

É normal que a un cidadán de a pé se lle removan os xugos gástricos por ver unhas imaxes determinadas, pero, ¿o político que goberna debe esperar a ver esas imaxes para actuar? Novamente xurde a sospeita do simulacro, do cálculo electoral, dunha maquillaxe política e diplomática repleta de contradicións morais. ¿Por qué será? ¿Por qué será que nunca se atreven a falaren de solidariedade ata que a poboación llo pide? En fin, ¿alguén imaxinábase a Mariano Rajoy falando de solidariedade antes da foto do neno sirio afogado na beira do mar?

Te puede interesar