Opinión

Rigor informativo

Apluralidade política é un elemento básico do sistema democrático, o respecto e a tolerancia, o consenso sobre valores compartidos. O lema dos Estados Unidos “E pluribus unum” (De moitos, un), é o primeiro exemplo de construción dunha nación democrática baixo a bandeira da diversidade: de aí xurdiu a brillantez do federalismo. O federalismo é a construción dun proxecto diverso e unido, a institucionalización do diálogo, afondar nas nosas raíces comúns e, mesmo, o entrelazamento das nosas diferenzas. Non obstante, isto xamais se producirá se os consensos básicos non son comúns; non xa só para as forzas democráticas deste país, onde os discursos rupturistas medran, senón o consenso dos poderes privados, os medios de comunicación.

Os grandes medios de comunicación deben acordar que é máis importante a información veraz e obxectiva ou os niveis de audiencia. Caer na berslusconización, esa esencia de crerse Deus e, ser quen de manipular á opinión pública atendendo a intereses persoais. Quen levou ao poder a Silvio Berlusconi foron os medios controlados por el. En España non chegamos a ese nivel, é decisión dos medios participaren activamente na mellora e limpeza do noso sistema democrático, lembremos aquelas portadas de “Pola democracia” ou para que o sistema democrático non sexa a cámara parlamentaria e sexa unha mesa de contertulios “expertos” nos máis variados temas.

A democracia non só se fai na Cámara, de acordo, faise todos os días participando activamente en máis ámbitos das realidades do noso país, pero descubrimos para o noso asombro que se fai máis na televisión que no Parlamento. Os debates están marcados por argumentacións absurdas onde pesa máis a frase fácil que as ideas, o debate da frase curta e o aplauso longo, e despois criticamos que os políticos aplaudan na Cámara ao seu xefe de filas, mentres lle damos contexto de verosimilitude aos estudios de gravación, e pola contra, desprestixiamos a Cámara parlamentaria sacando pequenos cortes, candos as intervencións son de varios minutos. Os medios de comunicación deben medi-lo impacto das súas accións, son un poder máis que deben supeditar como fan todos os poderes, ou deberían facer, os seus intereses ao conxunto de intereses da nación democrática que somos, entender que a información debe ser plural, como o é a nación. Senón, ocorre como calquera outro poder que non cumpre esta premisa democrática, o poder financeiro, que lle fai un dano irreparable ao sistema democrático. Por todo elo, apelo á responsabilidade dos que conducen e producen a información para que os debates volvan á súa esencia, postulacións de ideas na defensa profunda da pluralidade política.

Te puede interesar