Opinión

O patrón de Galicia

Cacho pau tirado no chan! Cando Rubalcaba ara para o rego de Rajoy, Mariano Rajoy gaba, agora, a Pérez Rubalcaba. Chega o autobús, baixan os pasaxeiros, marcha o autobús. Queda o comparsa buscando palabras para completar frases e encher este relato. Os xogadores da selección española de fútbol cobrarán 720.000 euros se gana o campionato. En plena crise económica. E logo! España é diferente. Sempre o foi. E se fora subcampiona, cobraría máis incluuso que a maioría das que o ganasen. Outro e logo! Tacho os datos que acabo de ollar. A ver!, a un xa non se lle quedan na cabeza certos números. Toxos e flores na ladeira dun monte. A verdade é que a flor do toxo é bonita de carallo. Certo, pero... a que é máis bonita a palabra carallo? Esta si que é preciosa. É a primeira palabra que aprende un castelán. Polo menos así o confesan sempre. Síntoo polo Santiago Matamoros, pero o carallo é o auténtico patrón de Galicia. Tamén temos patroa, pero... pero o relato non dá para máis.

Te puede interesar