Opinión

A infamia

Fillos dos homes, até cando convertiredes 

a miña gloria en infamia? 

Salmos 4:2


Todos podemos comprobar que as relixións falan de Deus dun modo diferente ao que a Biblia fala. Aínda que algunhas poidan ser máis próximas á Palabra de Deus que outras, non existe ningunha que poida dar o que Deus da: a vida eterna. É por iso que os homes convertiron a gloria e a honra de Deus, en infamia. Cando o poder do diñeiro chega ás mans dos predicadores que din posuir as características de Deus, a liberdade auténtica pasa a ser escravitude dos homes. Se os ritos e tradicións mostran a un Deus eclipsado por imáxenes e rezos ás mesmas, a bondade de Deus e a súa graza pasan a ser infamia e engano. 

A dimensión espiritual das persoas só pode alimentarse co poder de Deus, porén a vaidade do mundo e o abrazar a mentira é o que as persoas queren cando se afastan do Señor. Pero Deus segue amando e alongando a súa misericordia.    

Te puede interesar