Opinión

A caída dos deuses

Que os humanos necesitamos referentes e modelos que nos orientan no noso camiñar pola vida, ninguén o pode negar. Tamén non é menos verdade que temos simpatía por tal ou cal institrución ou persoa, ben pola laboura que fai na sociedade, ou porque aparece diante nós como como un valor positivo, integro, vital, agradable e polo tanto cáenos en gracia. O certo é que necesitamos tanto como o oxíxeno os modelos a imitar en todos os eidos e facetas da vida. Pois, en certa medida, son referentes nos que sempre nos vemos, ou quixeramos, vernos reflexados.

É verdade que dende hai bastantes anos os valores e referentes na nosa sociedade foron trocando de maneira que, a día de hoxe, o plus de saber, de ser unha persoa integra, de ser respetada no ámeto onde vives, de ter unha conducta impecable, foise sustituíndo polo valor unicamente dos cartos e da capacidade de consumo que temos. Quedando as outras cuestións positivas relegadas a un segundo plano, ou case desaparecidas.

Por eso, cando nos decatamos que no listado temos incluídas a persoas e institucións que consideramos modelos a seguir, e de súpeto percibimos que non son o que parecen, temos unha forte decepción. E a continuación decatámonos de que todo nesta vida é relativo, menos as cousas de fé. Pois nas demais cuestións sempre manda o diñeiro, e por extensión nas persoas, nas institucións e en toda actividade humana. Neste senso o humanismo entendido como unha filosofía que sitúa, diante o valor dos cartos, os valores do seres humanos, perde espazo permanentemente. Pois, como popularmente se di, as obras de caridade, os comportamentos sociais correctos e solidarios, perden cancha diante o poderoso cabaleiro. E unha mostra do que digo pode verse, en determinacións como as que siguen. Vexamos: agora para calcular o producto interior bruto dun país teranse en conta os cartos escuros que se moven na prostitución, no tráfico de drogas, etcétera. Parece que estas actividades, éticamente reprobables, sumarán para acadar ise dato estadístico. E seica esta nova entrará en vigor en setembro deste ano. E non é que a nosa vida vaia a mellorar ou empeorar por modificar o PIB. Non; pero si que modifica a visión de actividades que por existir ó marxe da lei e das normas éticas e morais, parece que toman carta de xustificación legal. Xustificación que se pon por riba doutros valores que parecían inmutables.

Pero seguindo co referido ós referentes sociais, a milleiros de cidadáns cáesenos a alma ós pes ó ver como persoas que parecían respetables, e falo de deportistas millonarios, músicos de alta estima, persoas que falan de España coa boca chea, que levan os seus cartos para paraísos fiscais, por quelo de non pagar impostos.

Agora saltou á luz que o tenor e director de orquesta Plácido Domingo tamén tivo cartos neses lugares tan denostados. Ademais seguindo este fío, un lembra que o goberno fixo amnistías fiscais para blanquear os cartos negros que viñeron, de negocios escuros. Por ios pregunto: e que neste país todos os grandes están enmerdados áta o pescozo. Todos teñen cousas que agochar dende a Igrexa como institución, ata políticos, grandes empresarios e famosos de toda caste. E quén paga impostos neste país? Xa sei, os salariados.

Como a realidade camiña moi de presa, e o que antes era, agora xa non é, un pensa que a caída dos deuses, é un feito. Pois cando unha sociedade non ten referentes éticos, morais, políticos e sociais, o declive mina as bases da convivencia e todo vai a pior.

Por todo, entendo que, unha colectividade humana baseada únicamente no poder dos cartos e na capacidade de consumo, está moi doente e camiña por carreiros moi perigosos; camiños que nos levan a convivir cunha permanente sensación de fracaso colectivo e infelicidade. Polo que, necesítase urxentemente unha rexeneración ética e ordenación de valores, onde o humanismo e a solidaridade estea por riba da economía, para ser a base dunha sociedade estable e sán.

Te puede interesar