Opinión

Especialistas

Juan Cruz. Outro dos males da comunicación hoxe, sobre todo na Televisión omnipotente, é o imperio dos falsos especialistas. Adoitamos ver, en faladoiros e debates, persoas que din saber de política, economía, cultura, ciencia ou, se é preciso, de química cuántica. E non pode ser: non todo o mundo sabe de todo. Moi pola contra, a maioría dos mortais só sabemos algo de dous ou tres, ou catro se queren, temas concretos. Do resto, podemos e debemos opinar como cidadáns libres, pero só opinar: a poder ser, con humildade, discreción e san escepticismo. E o que domina hoxe é outra cousa: autotitulados xornalistas, politólogos, científicos, etc., capaces de sentar cátedra dende as pantallas sobre todo o humano e o divino. E non todo crego é un teólogo, non? Juan Cruz apela no seu blog á cautela necesaria dos xornalistas no exercicio da opinión: o consello vale tamén para outras profesións.



Te puede interesar