Opinión

Regresión

Despois de seis anos -Ágora saíu no 2009- Alejandro Amenabar volve a aparecer en escena co seu novo filme, Regresión, mais as críticas, moi duras en xeral, arremeten contra el. As razóns son varias. En primeiro lugar cómpre ter conta das expectativas postas nel, dada a calida- de de dous dos seus filmes anteriores. Refírome a Los otros, sobre todo, e mais á súa ópera prima, Tesis. En segundo lu- gar é necesario meditar sobre a dificultade que toda persoa creativa ten de se superar a si mesma. Sobre todo se o traballo precedente ten sido considerado excelente.

A cousa está clara, mellorar unha fita como Los otros, sen ser unha tarefa imposíbel, si se fai complicada. Por que? Porque dalgunha maneira, esa gran sorpresa final, sumada á pers- pectiva tan singular que puidemos desfrutar no devandito fil- me, puxeron o listón moi alto para Amenabar. Até tal punto é así que, ao non experimentarmos esa sensación angustiosa mantida con gran solvencia ao longo de toda a metraxe de Los otros, nin sorprendernos cun final tan inesperado, tendemos a botar por terra o pouco bo que puidese haber nesta historia que se ofrece en Regresión.

Partindo entón de que a peli en cuestión non é sorpren- dente en absoluto, nin consegue manter alta a tensión como sucedía en Los Otros -xa contra a metade intuímos a mentira de Ángela, interpretada por Emma Watson-, si poderiamos destacar, por exemplo, a posta en escena con ese decorado interior en espazos sombríos cheos de obxectos abigarrados, ademais duns exteriores ben filmados no medio da grisalla que traen á memoria a atmosfera estética do mellor cinema dos setenta. Outro aspecto interesante deste filme tan de- nostado é o traballo do actor David Dencik, que interpreta a John Gray, o pai de Ángela, acusado pola filla de ter abusado dela en rituais satánicos.

Que pasa entón con esta película, insisto? Que non é o que agardabamos de Amenábar? Certo. Mais, eis unha pregunta que eu me fago ante a recepción desta historia truculenta, por que agardabamos tanto? Non decepcionara xa suficiente coa comercial Ágora? El non será que somos un chisco mitóma- nos/as de máis e poñemos o carro antes dos bois? Non sería, talvez, máis prudente agardar un tempo considerábel antes de lle colocar o título de “xenio” a unha persoa? Pregúntome isto, basicamente, porque, ao meu parecer, Alejandro Amenábar, que, todo hai que dicilo, chegou e bicou o Santo, tampouco non era tan excepcional como se pretendeu no seu día. Pén- sese en todo o seu traballo e analícese ben a deriva do mesmo.

Cantosfilmeslevafeitos? Polodeagoraseis,sencontaraquí as curtas -Himenóptero, La cabeza, ou Luna-, por non aporta- ren nada de interese que poida beneficialo na nosa valoración. Entón, de seis filmes -Tesis, Abre los ojos, Los otros, Mar aden- tro, Ágora e Regresión-, cantos considerariamos excelentes? Só un: Los otros. Tesis é simplemente boa, pois malia resultar interesante, tampouco non é un filme como El resplandor. Ou si? Daquela, igual conviría volver meditar ao respecto dun- ha posíbel “sobrevaloración” deste director. Igual é que para falarmos de “xenialidade” habería que demostrar moito máis do que o hispano-chileno ten demostrado até o de agora. Se cadra é responsabillidade tamén nosa a de fabricarmos mitos que, con moita probabilidade, non poidan manter ese status durante anos. Ou polo menos non en todos os traballos que realicen. Por todo isto, malia ser Regresión un filme discre- to, pouco audaz e algo impersoal, si atopo nel aspectos positi- vos, porque creo que pode ser entretido para moitas persoas.

Que Amenábar pode dar moito máis de si? Evidentemente, mais, dada a deriva hollywoodense de seu, poida que teñamos que agardar bastante para isto. Que experimente entón, que siga aprendendo. Coma tantas outras persoas que se dedican a facer filmes e saben por experiencia que non sempre se pode acertar en todo. É máis, moitas desas persoas, malia acertaren e teren nas mans propostas exquisitas, non conseguen nin a cuarta parte do apoio que si recibiu e recibe Alejandro Ame- nábar. Cositas, como diría un amigo meu. Cositas que pasan. 

Te puede interesar