Deporte local

Orzamento de case 2,8 millón de euros para un referente do deporte ourensán

A Xunta de Galicia investiu un total de 2,8 millóns de euros nas melloras do estadio ourensán de O Couto. Trátase de obras estruturais e funcionais, así como da rexeneración do céspede natural.

Os traballos, xa finalizados, permitiron, por unha banda, actuar a nivel estrutural con diferentes obras de reparación e rehabilitación para asegurar as estruturas e incrementar a súa vida útil, e por outra, a nivel funcional, coa renovación e posta ao día de elementos superpostos como mobiliario ou instalacións, entre os que sobresaen uns vestiarios completamente renovados.

O proceso da posta en marcha destas novas instalacións en Ourense comezou coa reparación e rehabilitación estrutural para incrementar a vida útil das instalacións, ao que seguiron renovación de mobiliario e instalacións ou obras de ampliación de demandas foron as principais vías de actuación do proxecto.

As obras comenzaron unha vez o Ourense CF terminou a tempada. Agora, despois duns cuantos meses xogando os seus partidos de Segunda e Terceira RFEF no campo de Oira, as obras chegaron ao seu fin.

Co paso dos meses xa había traballos finalizados que permitiron actuar a nivel estrutural con obras de reparación e rehabilitación para asegurar as estruturas e incrementar a súa vida útil e renovar elementos superpostos como mobiliario ou instalacións. 

As portas do estadio do Couto volverán abrirse este domingo con motivo do partido entre UD Ourense e Arousa.

O céspede do campo, en perfectas condicións durante el partido entre UD Ourense e Betanzos.
1 / 5

O céspede do campo, en perfectas condicións durante el partido entre UD Ourense e Betanzos.

A contorna do campo foi mellorada.
2 / 5

A contorna do campo foi mellorada.

As melloras foron tanto no exterior como no interior do recinto.
3 / 5

As melloras foron tanto no exterior como no interior do recinto.

Expectación entre o público para acudir ao renovado estadio
4 / 5

Expectación entre o público para acudir ao renovado estadio

O público disfrutou do estadio na súa inauguración.
5 / 5

O público disfrutou do estadio na súa inauguración.