Entroido

Galería | Cita de comadres e compadres no Entroido do Carballiño

Carballiño inaugurou onte o Entroido coa novidade do Venres de Comadres e Compadres, dende as 19,00 ata as 22,00 horas, cun photocall na Praza Maior, onde as mulleres vestidas de compadres e os homes vestidos de comadres foron fotografiados para participar nun concurso organizado pola hostalería do Carballiño, que conta con premios de 500 euros en sendas categorías. A actividade foi unha aposta do Concello, de numerosos veciños e da propia hostalaría, que de forma decidida, implicouse na actividade

O xurado é a veciñanza, que pode elexir ao compadre e a comadre gañadores con máis “me gustas” no facebook oficial do concello do Carballiño ata o día 23 de febreiro, e que serán os que leven o premio económico de 500 euros na súa categoría.

Unha discoteca móbil acompañou a xornada con dous pases, un pensado para as familias, de 20,30 a 21,30 horas, e outro pase nocturno de 23,30 a 01,30 horas. A carpa instalada na Praza Maior foi a aposta local contra as inclemencias metereolóxicas.

Por outra banda, a xornada de hoxe está dedicada aos máis cativos, que participarán nun concurso e baile de Entroido, ademais con moita animación na rúa. De mañá haberá un taller de máscaras e pola tarde será a gran festa para o público familiar baixo a carpa.

6975647
1 / 6
6975648
2 / 6
6975649
3 / 6
6975650
4 / 6
5 / 6
6975652
6 / 6