VIDA

Andaina cultural coa Xeración Nós

Ponte Veiga, no Carballiño, foi o punto de saída da andaina cultural “Camiño de Nós”, unha ruta ambientada na viaxe a pé que realizaron dende Ourense a Santiago en 1926, Ano Santo, os galeguistas do Grupo Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Xavier Pardo, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo e Antón Sánchez.

Esta camiñada, que rememora un camiño que xa existía na Idade Media, rematou na Ínsua dos Poetas e contou cunha ambientación baseada na tradición e nas investigacións históricas, con xinetes a cabalo, carreteiros, arrieiros, música tradicional… unha forma de que os participantes se achegasen á historia e ao patrimonio cultural e natural da comarca.

Fotos: MARTIÑO PINAL

s3.laregion.archivo.202109__MTP9505
1 / 6

Cris e Emilio.

s3.laregion.archivo.202109__MTP9507
2 / 6

David, Ernesto y Ana.

s3.laregion.archivo.202109__MTP9518
3 / 6

Anxo e Iria.

s3.laregion.archivo.202109__MTP9539
4 / 6

Parte dos camiñantes coa animación dos gaiteiros.

s3.laregion.archivo.202109__MTP9512
5 / 6

Marcos e Toñito.

s3.laregion.archivo.202109__MTP9536
6 / 6

Un momento da andaina cultural teatralizada.