VIDA

Galería | Cinco "avoiños" buscan fogar

CHOLO.jpg_web
1 / 5

CHOLO. Este machiño de casi 6 aniños pesa solo 9 kg de peso. Actualmente atópase en acollida ata que atopemos ese maravilloso fogar para él. A Cholo encántalle andar pegado ós humanos, os mimos e os colos. Lévase ben tamén con gatos, aínda que algún gato de cando en vez non entende ó seu xogo (Cholo os ve como un igual!). É un cadelo pequeniño que se adapta perfectamente ó fogar, aúnque preferiblemente sen nenos.

RO.jpg_web
2 / 5

RÍO. A Río o repetimos, non entendemos como este tipo aínda non atopou á súa familia. Este machiño de 3 aniños e casí 20 kg de peso (está forte!) é o tipo máis simpático do refuxio. Se alguén o coñecera en persoa namoraria del de golpe! É un perro algo ansioso, pero é moi bo cos humanos e ca maioría dos cans! (ás veces algúns dandlle medo!). Encántalle ir detrás da pelota! Río sufriu xa un abandono e por eso acabou na canceira, é un perro estupendo en ansiamos atoparlle o fogar que merece! Actualmente se atopa tamén no refuxio.

HENDRIX.jpg_web
3 / 5

HENDRIX. Ten 16 anos e viviu sempre nunha casa. A súa vida non foi todo o boa que un espera cando un animal atopa un fogar e agora xa non ten sitio alí. Hendrix está bastante tocado en vario aspectos de saúde pero ningún deles lle impide facer vida normal nin disfrutar das cousas como se eses 16 anos non houbesen pasado por el, todo é novo ós seus ollos. Actualmente se atopa nunha residencia. Hendrix rondará os 10 kg e foi cedido pola súa familia.

REX.jpg_web
4 / 5

REX. Outro avoiño. Casi 15 anos. Chegou á canceira por falecemento do seu dono. Actualmente está medicándose contra uns nódulos debidos posiblemente a unha bronquitis crónica ou infección mal curada. Recuperou moitíiiiisima vitalidade e ponse contentísimo cada vez que nos ve chegar ó refuxio, parece moito máis novo. Sería ideal encontrar para Rex unha adopción ou acollida para que pase o tempo que lle queda ó calor dun fogar. É un can estupendo que cada vez disfruta máis dos mimos e de revolcarse na herba. Rex pesa algo menos de 25 kg, é un cruce de pastor e está sin castrar pola súa idade.

BRANCA.jpg_web
5 / 5

BRANCA. Outra avoa de 10 anos, cedida polo seu propietario directamente a Agallas xa que vivía atada nunha finca. É un cruce de Montaña dos Pirineos (casi 40 kg de avoa!). Branca chegou a Agallas en maio cunha cardiopatía pola que lle daban pouca esperanza de vida. Fai pouquiño deunos un susto porque acumulou moito líquido no pulmón, pero recuperouse contra todo pronóstico e agora disfruta dunha casa de acollida indefinida na que disfruta dos mimos diarios y da compañia doutros cadelos! Branca descubriu que o ser humano non sempre é tan horrible, encántanlle o arrumacos e xogar con outros cadelos (a veces ela cree que tamén é unha cadela xoven!). Aquí está esta avoa ganándolle tempo ó reloxo da vida!