VIDA

GALERÍA | Graduación da Facultade de Ciencias no Campus de Ourense

O alumnado da Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebrou o seu acto de graduación. Neste caso, graduouse a XI promoción do Grao de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (15 estudantes); a X promoción do Grao de Enxeñaría Agraria (catro estudantes); a X promoción do Grao de Ciencias Ambientais (29 estudantes) e do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental (14 estudantes). 

Durante o acto entregáronse os Premios Sonia García Falcón ao mellor traballo fin de grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, o Premio do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas ao mellor TFG do Grao de Enxeñaría Agraria, o Premio Julia Franco ao mellor TFG do Grao de Ciencias Ambientais e o Premio á mellor fotografía presentada no certame fotográfico celebrado con motivo da festividade de San Isidro 2023, patrón do Grao en Enxeñaría Agraria.

Foto de grupo dos graduados da Facultade de Ciencias.
1 / 6

Foto de grupo dos graduados da Facultade de Ciencias.

Elena e Rubén.
2 / 6

Elena e Rubén.

Ana, Tania e Carlos.
3 / 6

Ana, Tania e Carlos.

Alba, Vanesa e Borja.
4 / 6

Alba, Vanesa e Borja.

Paula, Antia e Oihane.
5 / 6

Paula, Antia e Oihane.

David e Verónica.
6 / 6

David e Verónica.