VIDA

Galería | O Otero Pedrayo gradúa a 130 alumnos

O Auditorio de Ourense acolleu o acto de graduación do alumnado de 2o BAC do IES Otero Pedrayo. A pesar de ser un ano complexo, cheo de incertidumes e de medo; no que houbo que traballar moi duro, pero que tamén estivo cargado de ilusión, o alumnado rematou o curso e con el pecha unha etapa que, de seguro, non vai esquecer. Os 130 graduados, máis os 25 profesores e profesoras que os acompañan, máis tres representantes da ANPA reuníronse no Auditorio para celebrar unha gala chea de emotividade, con discursos do director, dos profesores, dos pais/nais e do alumnado, con música e baile e coa entrega de diplomas de graduados. As familias seguiron en directo o acto vía Streaming.

_G4C6522_resultado
1 / 9

Actuación musical de Adrián Vázquez en directo.

_G4C6575_resultado
2 / 9

Un momento da entrega de diplomas.

_G4C6756_resultado
3 / 9

Un momento do baile.

_G4C6767_resultado
4 / 9

Grupo de alumnos de 2º A.

_G4C6774_resultado
5 / 9

Alumnos de 2ºC.

_G4C6770_resultado
6 / 9

Ledicia entre os alumnos de 2º B pola súa graduación.

_G4C6781_resultado
7 / 9

No Auditorio os alumnos de 2ºE.

_G4C6785_resultado
8 / 9

O alumnado de 2º F posa cos seus diplomas.

_G4C6777_resultado
9 / 9

Alumnos de 2ºD.