VIDA

Ourense recolle a semente teatral de Nós

Coincidindo co primeiro século de vida da Revista Nós, Sarabela Teatro e Ollovivo uniron as súas forzas para coproducir un docu-drama que, dende unha perspectiva contemporánea, achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado da xeración literaria máis importante de Ourense e de Galicia. Antes de percorrer outras cidades galegas, Ourense foi o lugar elixido para a estrea da producción “Semente de Nós”, onde se indaga e celebra todo o patrimonio inmaterial que deixaron os escritores e artistas que a conformaron. E todo isto nun formato novidoso que suma sinerxias creadoras e que conquistou ós espectadores que acudiron e aplaudiron a súa estrea no Teatro Principal.

Fotos: Miguel Ángel

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4292
1 / 7

Os actores de Sarabela e Ollovivo, nun momento da representación.

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4288
2 / 7

María e Sonia.

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4287
3 / 7

María e Jose.

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4286
4 / 7

Toni e David.

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4285
5 / 7

Xulio e Malo.

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4284
6 / 7

Diana e Gabriel.

s3.laregion.archivo.202110_MA211029_4283
7 / 7

Ana, María e Irene.