VIDA

A tradición pervive en Sande e Teixugueiras

En Sande programaron unha completa axenda de Entroido que deu comezo o sábado nas adegas de Mogos coa captura do Oso e seguiu o domingo recibindo aos feligreses á saída da misa e posterior percorrido polas aldeas da parroquia. Para a xornada do luns recuperaron o tradicional folión saíndo a tocar á noitiña e, xa o martes, bonitas, Oso, Vaca e avutardas participaron dun gran desfile. 

Nas Teixugueiras, tras a feitura do Meco o luns de Entroido e o su bautizo co nome de “Emérito”, na xornada do martes levarono en carro abríndose paso entre os asistentes a esta tradición tan enxebre.  En ningún destes dous entroidos do Concello de Cartelle faltou a gastronomía propia destas datas. 

FOTOS: JOSÉ PAZ

1
1 / 8

Tres bonitas de Sande con Diego, a máis cativa representación deste Entroido.

2
2 / 8

Nas Teixugueiras portaron o meco, este ano bautizado como “Emérito”.

3
3 / 8

Un grupo de bombeiros nas Teixugueiras.

4
4 / 8

Iker e Alejandra.

5
5 / 8

Un animado grupo das Teixugueiras.

6
6 / 8

Héctor, Orlando e Ibo, na captura dol Oso en Sande.

8
7 / 8

Todos se animaron a disfrazarse en Sande.

7
8 / 8

Hugo e Juan.