VIDA

A vendimia tradicional regresou a Leiro

Leiro acolleu a XXXI edición da Festa da Vendima, un evento co que se busca achegar a todos a vendima máis tradicional e que non se perda a esencia dun traballo esencial nesta terra amparada na Denominación de Orixe Ribeiro. 

Ademais da mostra de viños, o Concerto de Corais da Vendima, un mercado artesanal, actividades infantís, e unha concentración de coches clásicos, 74 nesta cuarta edición, non faltou o imprescindible concurso de acios e carrozas.  Foron oito carrozas de adultos e unha de cativos as participantes que, con moito enxeño, preparación e detalle recrearon esceas da vendima como a farían os nosos antepasados, e coa banda sonora de tres charangas.

s3.laregion.archivo.202208__MPF6695
1 / 6

MARTIÑO PINAL

MARTIÑO PINAL
2 / 6

MARTIÑO PINAL

s3.laregion.archivo.202208__MPF6370
3 / 6

MARTIÑO PINAL

s3.laregion.archivo.202208__MPF6366
4 / 6

MARTIÑO PINAL

s3.laregion.archivo.202208__MPF6352
5 / 6

MARTIÑO PINAL

MARTIÑO PINAL
6 / 6

MARTIÑO PINAL