Xornal Escolar

Adaptados á súa nova vida escolar en Franciscanas

É un momento de moita emoción en calquera familia. Ese no que o que ata agora era o bebé da casa dá o paso cara a súa seguinte etapa vital: o colexio. Cada ano, son os máis pequenos os protagonistas dos choros, dos sorrisos ilusionados e das imaxes máis emocionates do primeiro día de clase. A partir de aí, comeza para eles un mes cheo de descubrimentos e sorpresas que se coñece como período de adaptación. 

Agora, iniciado xa o mes de outubro e establecidos nas súas novas rutinas escolares, este período finaliza deixando nos máis cativos un proceso de aprendizaxe que lles permite, tanto a eles como ás familias, irse afacendo cos novos horarios, ós compañeiros e á aula, ese espazo no que irán aprendendo moitas cousas cada día. Ó mesmo tempo, o período de adaptación tamén lles permite ós profesores ir coñecendo a cada un dos seus novos alumnos e, todos xuntos, habituarse para os nove meses que van compartir e que supoñen o comezo da súa vida académica.

As aulas de Educación Infantil de Franciscanas están cheas de xogos, de emocións ou das primeiras responsabilidades. Alí, durante as primeiras semanas do curso, xa se comezaron a forxar as primeiras amizades -que en ocasións durarán toda a vida- e as novas rutinas xa marcan o calendario da nova vida dos máis novatos do cole.

xornalescolar_0510_franciscanas_01
1 / 22

Os pequenos xa fixeron grupo cos seus compañeiros.

xornalescolar_0510_franciscanas_02
2 / 22

Os pequenos xa fixeron grupo cos seus compañeiros.

xornalescolar_0510_franciscanas_03
3 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_04
4 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_05
5 / 22

Os máis pequenos viven con gran ilusión os primeiros días do curso.

xornalescolar_0510_franciscanas_06
6 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_07
7 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_08
8 / 22

Os xogos son os grandes protagonistas da súa rutina.

xornalescolar_0510_franciscanas_09
9 / 22

Para facilitar a adaptación, as aulas de Educación Infantil están cheas de xogos para que os pequenos aprendan a convivir e divertirse cos seus novos compañeiros.

xornalescolar_0510_franciscanas_10
10 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_11
11 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_12
12 / 22

Nestes días tamén conviven cos seus compañeiros.

xornalescolar_0510_franciscanas_13
13 / 22

O período de adaptación de Educación Infantil está pensado para que os máis pequenos do colexio se vaian afacendo pouco a pouco ás súas novas rutinas escolares.

xornalescolar_0510_franciscanas_14
14 / 22

Algunhas non poden agochar as emocións dos primeiros días.

xornalescolar_0510_franciscanas_15
15 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_16
16 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_17
17 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_18
18 / 22

Nestas primeiras semanas do curso, moitos dos alumnos xa teñen o seu xoguete favorito da clase, cos que se divirten e aprenden durante a xornada.

xornalescolar_0510_franciscanas_19
19 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_21
20 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_20
21 / 22

Aula de Infantil en Franciscanas.

xornalescolar_0510_franciscanas_22
22 / 22

A aula de Educación Infantil é un espazo para aprender xogando.