Xornal Escolar

Un alumno de oito patas en Castrelo de Miño

Este ano no colexio de Castrelo de Miño matriculouse un alumno moi especial. O seu nome é Oitopés e chegou a esta comunidade educativa da comarca do Ribeiro cun obxectivo: fomentar a lectura entre os alumnos do centro. É a nova mascota da biblioteca recentemente inaugurada e que leva o seu nome. 

A chegada de Oitopés ó colexio foi unha festa. Para celebrala, os alumnos representaron a obriña “Non quero ser un polbo” e fixeron un montón de manualidades relacionadas con este novo compañeiro: diademas, debuxos, decoración das paredes e ventanais do centro… 

A chegada de Oitopés trae consigo unha gran dinamización do espazo da biblioteca. Ademais de garantir o servizo de préstamo de libros,  as instalacións constitúen o núcleo do centro. Delas parten tódolos proxectos que se desenvolven ó longo do curso. 

Foron os propios alumnos os que escolleron o nome da súa nova mascota e, dende entón, Oitopés é un máis da actividade diaria en Castrelo de Miño. Coa súa axuda, este ano estase ampliando a biblioteca e dotándoa de novo mobiliario e máis material para poder aumentar os proxectos que dela saen. 

Toda a comunidade educativa está moi contenta da chegada de Oitopés ó seu centro. Con el traballan agora man a man para que as actividades non descansen e a formación dos alumnos de Castrelo se amplíe máis alá das aulas.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_10
1 / 8

Os alumnos fixeron manualidades para celebrar a chegada de Oitopés.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_09
2 / 8

Os alumnos fixeron manualidades para celebrar a chegada de Oitopés.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_08
3 / 8

A biblioteca é o espazo dinamizador do colexio de Castrelo de Miño.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_06
4 / 8

Tamén decoraron o centro coa imaxe da nova mascota.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_05
5 / 8

Os máis pequenos tamén se animaron a preparar as súas manualidades coa imaxe de Oitopés.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_04
6 / 8

Festa de inauguración da nova bilblioteca.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_03
7 / 8

Moi guapos coas diademas que prepararon para a ocasión.

xornalescolar_2411_castrelo_de_mino_02
8 / 8

A inauguración da nova biblioteca foi unha festa.