Xornal Escolar

Amencer chega ó parlamento

Preto do Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas o grupo ADS de Amencer adoita organizar un parlamento infantil con diversas temáticas cada curso. Este ano centrárono nas actividades de tempo libre que lles gustaría realizar, despois da situación de confinamento que vivimos. O evento celebrouse no salón de plenos da Deputación de Ourense.

A actividade consiste en realizar un parlamento infantil simulando un parlamento de verdade onde, divididos en partidos políticos (que eles mesmos crearon e mesmos nomearon), defenderon tres propostas de actividades a realizar neste curso. Tralo debate e as votacións, as actividades gañadoras collerán forma ó longo deste curso. O vicepresidente da Deputación, César Fernández, acompañounos no proceso. 

xornalescolar_2411_amencer_09
1 / 7

Co deputado César Fernández, nas escaleiras da Deputación.

xornalescolar_2411_amencer_08
2 / 7

Cada “partido político” preparou as súas propostas.

xornalescolar_2411_amencer_07
3 / 7

A actividade coincidiu coa celebración do Día do Neno.

xornalescolar_2411_amencer_06
4 / 7

Os rapaces votaron nunha furna como fan os deputados

xornalescolar_2411_amencer_03
5 / 7

Os membros de Amencer convertéronse en deputados por un día.

xornalescolar_2411_amencer_02
6 / 7

Presentáronse tres propostas de actividades para este curso.

xornalescolar_2411_amencer_01
7 / 7

Tralas votacións, elixiuse a actividade para este curso